Ante as declaracións aparecidas en prensa en días pasados sobre a miña ausencia como concelleiro do PSdeG na corporación de Foz á Sesión Plenaria que tivo lugar o pasado día 21 do presnte mes, quero manifestar o seguinte:
-Que este Concelleiro realizou unha viaxe persoal dende o día 21 ao 25 do presente mes, segundo se podo ver nos billetes de vuelo adxuntos, viaxe este xa programado fai un tempo.
-Que este concelleiro, sempre asistiu a practica totalidade Sesións plenarias e reuníons para as que foi convocado, tendo sempre presente as convocatorias ordinarias, pois on as que se progrman tódolos xoves últimos de mes.
-Que este Concelleiro, sempre votou en consecuencia coa disciplina de partido, en tódolos ocasións nas que se procedeu a votación, a pesar de non ser coincidente a súa opinión coa decisión do grupo Socialista e algún caso puntual, caso por exemplo da privatización do servicio de atención a dependientes……..
-Que na reunión de C.Informativa, do día 12 do presente mes, este Concelleiro votou en consonancía co seu grupo Socialista.
-Que este Concelleiro non foi consultado, nin avisado por parte do Alcalde de que o día 21 do presente mes, tería lugar unha sesión plenaria extraordinaria, algo nada estrano por outra banda, pois nos últimos meses este Concelleiro non foi convocado a ningunha xuntanza de Grupo Socialista , como se establece nos estatutos do partido, e como debe corresponder a un funcionamento normal dun grupo municipal, que polo menos haxa unha xuntanza anterior as sesións plenarias, para informar a todos os membros do grupo municipal da posición e sentido da votación nos difenrentes puntos, en especial dos que non está presente na C.Informativa.
Debe de quedar claro pois que a miña ausencia está totalmente xustificada, e os puntos non aprobados no pasado pleno, (que xa foran rechazados no pleno do mes de xullo), non foron aprobado por falta de consenso político, pois como se entenderá había 11 concelleiros na sesión plenaria.
Así pois non se pode empregar a mentira e calumnia para xustificar que si no se aprobaron os puntos tratados no pleno foi pola ausencia de Jaime Cancio, ou intentar maniobras estranas, vulnerando todo tipo de comportamentos democráticos moi propios de o chamado SOCIALISMO VENEZOLANO, moi practicado en Foz na actualidade.