Site icon Crónica3.com A Mariña

Aberta ao baño a praia de O Portelo en Burela, pechada desde o luns por unha bacteria atopada na auga

Nota de Prensa

ESTA MAÑÁ QUEDA ABERTA PARA O BAÑO A PRAIA DE O PORTELO, PECHADA DESDE O LUNS DEBIDO Á ALTA CONCENTRACIÓN DUNHA BACTERIA ATOPADA NA AUGA. ALFREDO LLANO ASEGURA QUE TODO ESTÁ A FUNCIONAR XA CON NORMALIDADE.

Burela, 19 de agosto de 2010. Esta mañá queda aberta para o baño a praia de O Portelo, segundo ven de anunciar o alcalde, Alfredo Llano, que xa deu indicacións para que se retiren os carteis que informaban do seu peche e para que se coloquen an bandeiras (azul e outras) que ondean neste areal desde principios do verán. O areal foi pechado para o baño o pasado luns debido á alta concentración dunha bacteria atopada na auga.

Llano sinalou que “esta mañá recibimos a última analítica da Xunta de Galicia, que recolle que a auga desta praia é apta para o baño e que todos os indicadores se atopan nos parámetros normais”. O rexedor insiste en que “estivemos ante un feito puntual, porque esta praia nunca deu negativo. Agradecemos a colaboración dos bañistas e animámolos a que volten a disfrutar deste areal e das súas augas. Todo está a funcionar xa con normalidade”.

O Portelo acollerá  o vindeiro sábado as actividades acuáticas que se desenvolverán dentro do denominado Día do mar.

Exit mobile version