Site icon Crónica3.com A Mariña

A “V Festa do ovo frito” abre o venres as festas patronais de Cervo

NOTA DE PRENSA:
O grupo de teatro afeccionado O BORDELO será o encargado de pregoar as festas na honra de San Roque este venres as 19 horas
CERVO INICIA O PROGRAMA DAS CELEBRACIÓNS PATRONAIS COA V FESTA DO OVO FRITO

* O Concello de Cervo xunto co Xacobeo 2010 patrocinan dúas citas musicais de relevancia co folk de QUEMPALLOU e TIRULEQUE e, para o divertimento dos máis novos, co XOGO DO XACOBEO.

Cervo, 11 de agosto de 2010.- Coa V Festa do Ovo Frito que cada ano organiza a asociación deportiva Cervo-Sargadelos, dará comezo este venres o programa das celebracións patronais na capital municipal. Unha vez máis veciños e visitantes poderán gozar dun suculento prato de ovos fritos con patacas e un chourizo a partira das 20 horas. Antes, ás 19, serán os integrantes do Grupo O Bordelo de Cervo quen nesta ocasión pregoen as festas na honra de San Roque, Nosa Señora e a Virxe do Carme

Este ano as festas patronais de Cervo contarán cuns pregoeiros ben coñecidos e moi apreciados polas veciñas e veciños deste concello lucense: Os integrantes do grupo de teatro afeccionado O Bordelo. Por certo que, por un erro na nota de prensa enviada con anterioridade non identificamos de xeito correcto aos integrantes deste galardoado grupo teatral que leva doce anos de traballo altruista a prol da cultura, pregamos polo tanto a súa corrección facendo mención aos nomes dos membros correctos: María Paz Rodríguez Silva, Dolores Viamonte Rey, Antonio Villares González- Patoso, Xosé Manuel Glez –Copa e Francisco Piñeiro.

A área de Cultura do Concello de Cervo xunto co xacobeo 2010 patrocina dúas citas musicais de relevancia co folk de QUEMPALLOU e TIRULEQUE. O primeiro deles tocará ás 23 horas do martes 17 de agosto de 2010. Quempallou pódese gabar de facer dos seus concertos unha festa rachada, entre pasodobres, rumbas, muiñeiras, polcas etc para diversión de tódolos públicos. A segunda cita será con TIRULENQUE, un día despois, o mércores 18 de agosto, un grupo musical que acada o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como en composicións propias reinterpretando en certa maneira a tradición.

DIVERTIMENTO PARA OS MÁIS MOZOS

Concello e Xacobeo 2010 tamén colaboran para o venres 27 de agosto de 2010 ás 19:30 horas co XOGO DO XACOBEO, un espectáculo en vivo para nenos de 6 a 13 anos no que 7 actores plantexaran probas que deben superar para recibir a “compostelana”. O obxectivo desta proposta é dar a coñecer os nenos e nenas, a través dunha proposta lúdica e innovadora unha opción de ocio, recreativa, deportiva e cultural para o goce do Camiño de Santiago.

O programa completo das festas na honra de San Roque, Nosa Señora e a Virxe do Carme é o seguinte:

Venres 13 de agosto

18.00 horas.- Exposición manualidades e labores

19.00 horas.- Pregón co Grupo de Teatro O BORDELO

20.00 horas.- V FESTA DO OVO FRITO

Sábado 14 de agosto

19.00 horas.- Concurso de Debuxo

Domingo 15 de agosto

13.00 horas.- Misa solemne na honra a Nosa Señora, procesión da Virxe da Asunción e do Carme, con ofrenda floral aos mariñeiros.

14.00 horas.- Sesión vermú coa orquestra FIN DE SIGLO.

18.00 horas.- TROFEO SARGADELOS.

20.00 horas.- FESTIVAL FOLKLÓRICO “AIRIÑOS DO XUNCO”

23.00 horas.- Verbena a cargo da orquestra FIN DE SIGLO

Luns 16 de agosto

13.00 horas.- Misa solemne e procesión na honra de San Roque.

14.00 horas.- Sesión vermú coa orquestra LA BÁMBOLA

22.30 horas.- Verbena a cargo da orquestra LA BÁMBOLA.

Martes 17 de agosto

Semana Cultural AIRIÑOS DO XUNCO

11.00 horas.- Festa da espuma e xuncada.

23.00 horas.- QUEMPALLOU (Xacobeo 2010)

Mércores 18 de agosto

23.00 horas.- Grupo musical TIRULEQUE (Xunta de Galicia)

Xoves 19 de agosto

18.00 horas PARQUE INFANTIL DIVERNENO

Sábado 21 de agosto

10.00 horas.- XIV MERCADO TRADICIONAL DE CERVO

Anima rúa: contos do alambique

Anima rúa: O deus pan

23.00 horas.- XXXII QUEIMADA POPULAR DE CERVO

Organiza: AC Rego Cachón.

Colabora: Concello de Cervo

Exit mobile version