A parroquia barreirense de San Xusto celebra venres e o sábado as festas na honra de San Xusto e San Pastor. Mañá 6 de agosto haberá misa á unha da tarde seguida da procesión na que saen 14 santos, o que a converte nunha das máis espectaculares da comarca da Mariña, segundo informa o Concello de Barreiros.
Por outra banda, a praza do Concello será escenario o vindeiro 14 de agosto a partires das 22 horas do concerto que ofrecerán Los mecánicos, unha actuación musical homenaxe aos anos 60. O evento enmárcase no programa Galicia móvese da Consellería de Cultura e Turismo e conta coa colaboración da Concellería de Cultura de Barreiros.
A parroquia de San Xusto en Barreiros celebra as festas na honra de San Xusto e San Pastor
A parroquia de San Xusto en Barreiros celebra as festas na honra de San Xusto e San Pastor
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela