Site icon Crónica3.com A Mariña

A fin de semana celebrase en San Cibrao o festival Arroutada 2010

CERVO .- Julián Rodríguez, integrante do colectivo cultural “Os Arroutados” e Chelo Gallego, concelleira de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo presentaron o  festival “Arroutada 2010” que se celebrará a fin de semana en San Ciprián, cun cartel reforzado con grupos xa consolidados,pero mantendo a súa filosofía de ser un espacio para la mistura de estilos e de oportunidades para formacións noveis, aseguran.

NOTA DE PRENSA

ARROUTADA 2010

o ESTE ANO O FESTIVAL ‘ARROUTADA’ PROGRAMA DOUS DÍAS DE CONCERTOS NA PRAZOLETA DE SAN CIPRIÁN.

o PRESENTA UN CARTEL REFORZADO CON GRUPOS XA CONSOLIDADOS,PERO MANTENDO A SÚA FILOSOFÍA DE SER UN ESPACIO PARA LA MISTURA DE ESTILOS E DE OPORTUNIDADES PARA FORMACIÓNS NOVEIS.

o COLABORA O XACOBEO 2010 A TRAVÉS DA CONSELLERÍA DE CULTURA DE LA XUNTA DE GALICIA.

PRESENTACIÓN:

FESTIVAL DE CONCERTOS ARROUTADA 2010
Todo empezou fai oito anos cando un grupo de mozas e mozos en colaboración co
Concello de Cervo traballaron conxuntamente coa ilusión de crear un espazo onde
grupos noveis puidesen realizar os seus directos.
Co paso do tempo seguimos mantendo esa filosofía, ampliada xa a grupos de maior
recoñecemento, pero sobre todo conservando o principio de gozar da música nun marco
tan agradable como son as noites estivais da Península da Paz.
A Arroutada é un festival de concertos que se desenvolverá na Prazoleta de San
Ciprián os días 6 e 7 de agosto, a partir das 22.30 horas, conforme ao seguinte
programa, no que incluímos a Bellón Maceiras, que aunque no entra dentro do festival
Arroutada, precede a mesma con música o aire libre.
XOVES 5 DE AGOSTO:

Bellón Maceiras Quinteto (Folk) Fene (organiza o Concello de Cervo e patrocina
Xacobeo 2010)
ARROUTADA
VENRES 6 DE AGOSTO:

JOE DURC (Rap) San Ciprián

FESTICULTORES (Ska) Allariz

MOON CRESTA (Funk-Rock) Vigo

NOC (Rock) Coruña
SÁBADO 7 DE AGOSTO:

DJ KOO (Soul-Funk-Jazz Sessions) Gijón

DIM PROJECT (Electroacústico-Fusión) Gijón

TAPIPORLA (Pop-Rock) Santiago.

TOTUM REVOLUTUM (Metal-Rock) Coruña

Organiza: Asociación Cultural Arroutados en colaboración coa Concellaría de Cultura e
Xuventude do Concello de Cervo, e Xacobeo 2010 (Xunta de Galicia)

GRUPOS:
XOVES 5 DE AGOSTO:

Bellón Maceiras Quinteto (Folk) Fene
http://www.bellonmaceiras.com/


Estilo: Folk fusión
Na primavera do 2005 naceu o dúo BellónMaceiras, de gaita galega e acordeón, co
fin de interpretar melodías de diferentes culturas, pero tamén composicións propias,
priorizando sempre a variedade que define as múltiples posibilidades dos dous
instrumentos.
Daniel Bellón, nacido en 1985, posúe un dos currículos máis importantes do mundo da
música tradicional galega, sendo hoxe en día o gaiteiro máis laureado da historia de
Galicia, que se percorre todo o mundo impartindo clases de gaita.
Diego Maceiras, nacido en 1984, acordeonista iniciado da man do Mestre Manuel
Cociña, pero tamén de Roberto Grandal e Xabier Díaz, segue coa súa formación no
conservatorio de música da Coruña. Cunha interpretación chea de forza e de matices, é
capaz de sacar todo o mollo a un instrumento tan completo como é o acordeón
cromático.
Despois de tocar en lugares coma Nova York, Xenebra, Varsovia ou Lorient -onde son
moi asiduos- este dúo de virtuosos presenta agora unha formación en quinteto,
“BellónMaceiras Quinteto”, con contrabaixo, batería, guitarra e saxo.
O disco do quinteto, “Folkfusión”, foi presentado no mes de maio do 2010.

VENRES 6 DE AGOSTO:

JOE DURC (Rap) San Ciprián
http://www.myspace.com/atmosferazero982
Joe Durc é un mc de orixe asturiana e afincado en Galicia, comeza a súa andaina sobre
o ano 1994 (influenciado en gran parte polo son Madrid) con gravacións caseiras, letras
facilonas e “son water”. As dificultades para conseguir referentes musicais no seu pobo
fai, entre outras cousas, que no ano 1999 se traslade a Zaragoza, onde entra en
contacto mais profundo co rap e a filosofía de rapear no parque, cousa que lle enche
espiritualmente.
A súa inquietude persoal lévalle no ano 2001 a Torrejón de Ardoz, onde decide quedar
durante unha tempada, e é un ano despois cando grava a súa primeira maqueta
HiPhOpUtA SON-IDO982 con producións de Mystikas Prod. e cun técnico de son de luxo
Sr. Tcee, que colabora nun dos seus temas.
Asuntos persoais fanlle volver ao norte, concretamente á súa cidade natal, Xixón, onde
toma a decisión de facer rap “autosuficiente”, o seu estilo persoal fai que non queira
depender de ninguén e así poderá plasmar xustamente o que quere e como quere.
O 2006 perfílase como o ano do proxecto, volve a San Ciprián, o seu pobo da infancia,
e empeza a crear un bosquexo do que será un novo traballo, feito con máis calma, máis
coidadosamente e con máis mimo, sen présas pero sen pausas, baleirando todas as súas
inquietudes e a súa rabia interior. Fiel aos seus principios do rap para minorías, segue
unha liña sen perder o seu estilo persoal, as súas letras reivindicativas e as súas loitas
polas causas perdidas, plasmando a súa visións dun mundo apocalíptico e sen futuro,
devorado polo capitalismo, consumismo e materialismo; onde as relacións persoais
perden protagonismo e só serve o “sálvese quen poida”.
Este novo traballo manterá o seu formato sen medias tintas: “ou che gusta ou non che
gusta”. Proximamente poderédelo escoitar.
Máis información:
http://www.myspace.com/atmosferazero982#*ixzz0*uoRDfJ00

VENRES 6 DE AGOSTO:

FESTICULTORES (Ska) Allariz
http://www.myspace.com/festicultorestroupe
OS FESTICULTORES TROUPE: E.G.F.A. O Exercito das Festas Armadas
Tras máis dun ano de xira, co espectáculo E.G.F.A., no que ademais de percorrer as rúas
e os escearios de Galicia, acompañaron a Manu Chao e Radiobemba na fin de xira
europea en Baiona (Francia) e no 50 Cabodano do Che Guevara en Santa Clara
(Cuba). Gañaron o Premio do Público no Festival Internacional Haizetara de
Amorebieta, e compartironn cartel con grupos internacionais coma Gogol Bordello, Emir
Kusturica & The No Smoking Orchestra, Fanfare Ciocarlia. Festicultores comezarán o
2010 no Festival de Cine Kustendorf en Drvengrad, coma invitados do seu director, Emir
Kusturica, onde presentarán un espectáculo basado no E.G.F.A. pero con moitas
novidades e temas novos. Así pois aqui está, xa preparada, a Troupe, para descargar
o PODER BALCÁNICO e o seu RITMO TRITURADOR.
Pero os Festicultores tamén amosan a súa festa enriba dun esceario, a onde transportan
as atmosferas ciganas e festeiras para non deixar de bailar durante máis de 90
minutos.
OS MÚSICOS
Milocho “A Cabra Makabra”: Voz y Teclado
“Yuri” Brinkas: Voz
“Xiñor” Tonichi: Guitarra
Miguel “Rumbitas”: Bajo y Percusión
Gus: Batería
Alex “O León de Cedeira”: Saxo
Martín “El Labio”: Trompeta
Veloso: Técnico de Sonido
Carlos: Produción y Sketches

VENRES 6 DE AGOSTO:

MOON CRESTA (Funk-Rock) Vigo
http://www.moon-cresta.com/
http://www.myspace.com/mooncrestafunk
MOON CRESTA é unha banda do que eles denominan power & funk, estilo aberto e
ecléctico que recupera os sons do rock e funk dos 70 sen deixar de soar contemporáneo.
Manu “Dobre L” (guitarra e coros), David “Mr. D.” Vázquez (Teclados & voz), Kike
“Calzonetti” (Baixo & voces), e Rubén Domínguez (Batería) completan unha formación
bregada polos escenarios de toda a península ibérica polos que presentaron, durante 2
intensos anos de xira ininterrompida, os temas do seu dobre álbum de debut (CD+DVD
“eROCKtile dysFUNKtion SOULutions”).
O que nun principio se presentou como unha fórmula baixo o binomio power & funk,
alcanza máis significado se cabe na nova entrega desta banda con máis poder e
groove que nunca. Aproveitando este exultante estado musical non é casualidade que
para elaborar o seu segundo disco MOON CRESTA se asocie a unha figura da industria
discográfica que parece estar omnipresente en moitos dos álbums de artistas e grupos
de maior relevancia nas últimas décadas. O nome de Sylvia Massy aparece xunto a
personalidades como a de Rick Rubin ou George Drakoulias (produtores de Rage
Against the Machine, Kula Shaker, Audioslave, Jayhawks), e bandas como Red Hot Chili
Peppers, The Black Crowes, Skunk Anansie, Reef, Tool, Johnny Cash, Tom Petty & The
Heartbreakers.
MOON CRESTA decide por tanto trasladarse a Weed, California (USA), aos RadioStar
Studios, propiedade da produtora norteamericana, e traballar no novo proxecto: unha
sala de gravación emprazada nun teatro de principios de século XX, a mesma mesa de
mesturas empregada no LP “The song remains the same” de Led Zeppelín, guitarras
utilizadas en sesións de ilustres da historia do rock tales como Tom Petty ou Johnny Cash,
foron algúns dos detalles que fixeron desta produción unha combinación de
comodidades, medios e privilexios que contribúen a converter esta colección de cancións
nunha innegable mostra de calidade técnica, interpretativa e creativa.

En última instancia, para culminar este coidado proceso, a banda masteriza o seu álbum
noutros estudos de referencia: Stephen Marcussen, quen ten masterizado discos de The
Rolling Stones, Jet, Wolfmother ou Ben Harper.
O seu traballo “The sparkling radiostars & their lunatic orchestra” continúa en certo xeito
a vea funk e rock do primeiro álbum, pero doutra banda, explora novos territorios
expresivos tanto na corrente máis dura como na máis emotiva, o que fai do disco unha
obra que perfila toda unha personalidade chea de matices dentro do carácter único de
MOON CRESTA

VENRES 6 DE AGOSTO:

NOC (Rock) Coruña
http://www.myspace.com/nochttp://www.nocproject.com/project
http://www.nocproject.com/
Inmersos en la preparación do seu novo disco.
Compoñentes:
• Alexis López :: Voz & guitarra
• Oscar Fernández :: Guitarra & coros
• Julián Rodríguez :: Bajo & coros
• Fernando Lamas :: Batería
• Miguel Vieites :: Batería

SÁBADO 7 DE AGOSTO:

DJ KOO (Soul-Funk-Jazz Sessions) Gijón
http://www.myspace.com/koodj
DJ KOO
Dj de turntablism e productor musical.
-Compoñente da DISKOOTEQUE (Proxecto musical baseado no directo, a improvisación
e a creación musical xunto a Álvaro Escudeiro, guitarrista, arreglista, compositor e
membro do grupo TRAFFIC LIXEIROS.
-Compoñente dos proxectos, CEROCOMA2, FONKYFLEX, INCENSE & DJ KOO, etc…
– Tocou en festivais como: Aquasella , Festival Costa Norte, Festival de Jazz de Oviedo,
Festival de jazz de primavera, Xornadas de culto ao vinilo, Cultura Urbana (Galicia),
Three Point Festival, Fascout (Barcelona), Festival de arte Show Room, A Noite Branca,
Festival de Musica “Non se para”; etc…
-Clubs/discotecas como: Teatro Albeniz, Club A Roca, Club Soho (Viveiro), A Caixa
Negra, Café Dam, O albergue, Popul Art, Nozzturno, O Victor, Sonotone, Mac Adam,

Club Bóla 8, Pacha (Madrid), Gallery Art & Food (Xornadas Art POP), Fat Club, Flamin
Club, Sala Capitol (Galicia), As Panadeiras (San Ciprian), Calima (Barcelona), etc…
-Acompañou como dj a JAZZIN TREMENS (jazz and hip hop band), a AFU-RA (Brooklyn)
na súa xira “State of arts 2006/07”, traballou en diferentes grupos de metal, hip hop,
fusion, jazz, flamenco, etc.
-Finalista do DMC España 2005.
-Nas súas sesións funk, moito jazz, disco, hip-hop, producións propias, e moito
turntablism.

SÁBADO 7 DE AGOSTO:

DIM PROJECT (Electroacústico-Fusión) Gijón
http://www.myspace.com/dimproject
DIMPROJECT xorde como grupo en decembro de 2006 coa unión de 4 músicos
provenientes de distintas correntes musicais con acreditada experiencia en distintas
formacións. A idea do proxecto busca formar un espazo de creación musical no cal
poder compartir as distintas formacións e tendencias de cada un dos membros do grupo.
Tamén buscamos aumentar os nosos coñecementos no campo da informática musical
dunha forma práctica mediante medios como samplers, aplicacións informáticas e a
conxunción deles con instrumentos acústicos.

SÁBADO 7 DE AGOSTO:

TAPIPORLA (Pop-Rock) Santiago.
http://www.myspace.com/tapiporla
Fai nove anos, Javi, un neno con lentes de pasta, foi expulsado de clase por falar
demasiado. Don Manuel enfureceuse, e castigouno a pasar os seguintes dez recreos no
despacho de dirección. Pero a cousa non acabou aí. A 100 kms de distacia, Miguelito,
con ganas de impresionar a unha moza, comprouse unha guitarra e empezou a
chapurrear cancións ñoñas que non forneceron ningún efecto, xa que á moza
gustábanlle máis “os malotes”… Un desastre, vamos. Na praia, Andrés non usaba os
cubos para facer castelos: dáballes a volta e os aporreaba coa pa ata que algún
veraneante, ostensiblemente molesto, ía recriminarlles aos seus pais que o crío estaba a
montar un escándalo, “así non hai quen descanse, a praia é de todos”. E a todo isto, a
poucos quilómetros da capital, Adrián era adicto ás tortillas e soñaba con montar o seu
propio restaurante e ser un respectado cociñeiro. Uns anos despois, nacería Tapiporla,
unha nova forma de transformar soños en traballo, traballo en acordes e acordes en
soños. Ou como din algúns, “un grupo, digamos, de verdade”.

SÁBADO 7 DE AGOSTO:

TOTUM REVOLUTUM (Metal-Rock) Coruña
Agrupación de recente constitución cuxa voz principal é un mozo sancibrense.
http://www.myspace.com/srn0che

Exit mobile version