Nota de Prensa
A ESCOLA LARANXA ABRE O PRAZO DE MATRÍCULA 2010-11
A formación de fútbol sala volve un ano máis aos pavillóns coa escola do CD Burela FS, que terá aberto o prazo de matrícula para 2010-11 entre o 30 de agosto e o 10 de setembro.
No vindeiro curso a escola laranxa volverá acoller catro categorías, entre prebenxamín e infantil; para os cadetes e xuvenís esta será a segunda tempada como categorías inferiores dos primeiros equipos.
A matrícula para o curso 2010-11 manterá o prezo da tempada pasada, 20 euros, cunha cota engadida de 60 euros por trimestre (outubro, xaneiro e abril). O club proporcionaralle a cada rapaz/a roupa de adestramento e competición, unha sudadeira e un chándal; o alumnado de nova inscrición tamén recibirá unha mochila. Xunto á atención dos servizos médicos do club, este ano os pequenos futbolistas da escola burelista tamén estarán coidados polo centro colaborador L2 Fisioterapia.
Para formalizar a matrícula, o alumnado deberá entregar dúas fotos tamaño carné e a fotocopia do DNI.
Reunión informativa
A dirección da EDM CD Burela FS reunirase cos pais/nais do alumnado o 11 de setembro, no Salón de Conferencias da vila (antiga biblioteca), para explicarlles a programación do curso 2010-11. As xuntanzas estableceranse por categorías, nos seguintes horarios:
10.30 horas – Prebenxamín (nados/as en 2004-03)
11.15 horas – Benxamín (nados/as en 2002-01)
12.00 horas – Alevín (nados/as en 2000-99)
12.45 horas – Infantil (nados/as en 1998-97)
Todas aquelas persoas interesadas poden obter máis información nas oficinas do club (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado, Burela) ou a través do número de teléfono 982 58 18 15.