NOTA DE PRENSA:
A Vicepresidenta Segunda da Deputación anunciou que o organismo provincial enviou este pasado mércores ó departamento de Patrimonio da Xunta un novo documento onde se reitera a necesidade de derribar a Ponte de Arante de Ribadeo e construír unha nova. Trátase da única obra dentro do Plan de Choque que se puxo en marcha na Mariña para paliar os danos da borrasca Doris que a Deputación ten pendente á espera de lograr o permiso do Goberno galego.
O organismo provincial entregou á Xunta o pasado mes de xuño un proxecto cun orzamento de 156.000 euros e un prazo de execución de 4 meses para facer unha nova infraestrutura. Logo dun mes, concretamente o 5 de agosto, Patrimonio respondía á Deputación denegando a súa demolición, aconsellando a reconstrución, e concedendo un prazo dun mes para “xustificar” o documento entregado. Lara Méndez subliñou que “unha vez máis, a Deputación fai os deberes, e coa máxima axilidade, en menos dunha semana, enviamos un documento que explica polo miúdo, e xustifica máis se cabe, a nosa proposta”.
O documento da Deputación apunta que a Ponte de Arante atópase en ruínas. Os danos afectan principalmente a súa estrutura, é dicir ó taboleiro e as pilas no que se sustenta facendo imposible unha reconstrución segura para os ususarios. O estado dos materiais que Patrimonio aconsella reutilizar poderían provocar ademais o derribamento total da Ponte durante os traballos de reparación. Na actualidade, susténtase nunha superficie susceptible de novos descalces provocando máis danos á estrutura. Ademais, os catro arcos de escasa luz da infraestrurua favorecen a retención de árbores e ramas impedindo o paso da auga ante un novo temporal, feito que se suma “a realidade incontestable de que a capacidade de desaugue foi insuficiente”.
Ante esta situación, a Deputación propón a construción dunha nova ponte cunha superficie de desaugue de 2,50 metros de xeito que en ningún momento as augas afecten ás vigas nas que se sostén; cunha única luz eliminando a posibilidade de retencións de árbores e ramas; e que se levante nunha superficie rochosa evitando o seu desgaste.
Por outra banda, considerando os aspectos culturais, o organismo provincial apunta que a Ponte de Arante, datada en 1923, nin é un ben de interés cultural, nin un ben inventariado, nin un ben catalogado segundo a Lei do Patrimonio Cultural de Galicia. Ademais, a Deputación destaca que, ante a posibilidade de novas e probables inundacións, o que si se vería afectada é a Capela das Virtudes, un ben inventario que se atopa a tan só 15 metros da canle.
Por todo isto, Lara Méndez esixiulle á Xunta que “traballe coa mesma axilidade e premura que a Deputación para poder arranxar unha infraestrura moi demanda polos veciños de Ribadeo. O Goberno galego só pide celeridade ás outras administracións cando elas si cumpren, é o caso do Goberno de España coa A-8, e mentras eles sitúan a VAC no horizonte de 2017 cando anteriormente estaba prevista para 2013”.