Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación invistirá 130 mil euros na recuperación de 12 rutas de sendeirismo na provincia

Nota de prensa:
A Deputación inviste 130.000 euros na recuperación de 12 rutas de sendeirismo na provincia

– O organismo provincial mellora 82 quilómetros destes camiños dentro da aposta polo medioambiente, a nosa oportunidade económica

– A Deputación achega 135.000 euros para a construción dunha nova Ponte de Freixo, en A Fonsagrada, “con características moi superiores á antiga”

– Gato Soengas subliña que “ó tempo que rematamos coas actuacións do canon de 2009 poñemos en marcha ás de 2010 facendo que non cese a obra pública, contribuíndo a manter postos de traballo e mellorando os servizos ós cidadáns”

A Xunta de Goberno deste venres aprobou a contratación de obras de mellora en 82 quilómetros correspondentes a 12 rutas de sendeirismo na provincia. Trátase dunha actuación que se enmarca dentro de Lug02, o programa medioambiental dotado de 5 millóns de euros, co-financiado nun 70% con fondos da Unión Europea e nun 30% polo organismo provincial, na que a Deputación inviste 130.000 euros. O voceiro provincial socialista, Antonio Gato Soengas, subliñou que “esta iniciativa é un exemplo máis da firme aposta da Deputación polo medioambiente, a nosa oportunidade económica. Ó igual que conseguimos que A Mariña sexa a 3º costa de España co maior número de areias de auténtica calidade grazas a certificación de praias da Deputación ou fixemos que 1.000 establecementos rurais e productos autóctonos opten ás marcas de garantía de calidade, recuperamos as rutas de sendeirismo para seguir impulsando o ecoturismo e lograr o desenvolvemento sostible da provincia”.

Deste xeito, a Deputación levará a cabo traballos de limpeza, desbroce, sinalización e colocación de balizas nas seguintes rutas: Puintores (mellora de 11 quilómetros), Queixoiro (mellora de 6,40 quilómetros), e de Villardiaz-San Andres (mellora de 8,30 quilómetros) en A Fonsagrada; Cabana Vella (mellora de 8,90 quilómetros), Piornedo a Camporredondo (mellora de 2,89 quilómetros) en Cervantes; Retorta (mellora de 5 quilómetros), de Penedo da Forca (mellora de 3,20 euros) en Navia de Suarna; Insuas do Miño (5,10 quilómetros) en Outeiro de Rei; Seimeira (mellora de 3,40 quilómetros) en A Pontenova; Paseo do Rato (mellora de 3,1 quilómetros); de Lugo ó Piago (mellora de 14,40 quilómetros), e Fervenza (mellora de 15 quilómetros) en Lugo.

Ponte de Freixo

O organismo provincial inviste 135.000 euros na construción dunha nova infraestrutura no punto quilométrico 1,500 da cp 1907 de Freixo a San Pedro do Río en A Fonsagrada. Trátase da antiga Ponte de Freixo que, logo das choivas acontecidas a finais do mes de marzo, está derribada en practicamente a súa totalidade. Gato Soengas explicou que “por aquel entón, a Deputación actuou coa máxima axilidade situando un paso provisional composto por 2 tubos de formigón armado e unha losa do mesmo material garantindo deste xeito a accesibilidade de maneira segura. Agora, manteremos este paso mentras se realizan as obras dunha nova infraestrutura que contará cunhas características moi superiores a anterior”.

A antiga Ponte era de pedra e suxeitábase nunha soa peza. A nova construción contará con 3 vigas de formigón armado, estribos de formigón, así como un só arco de luz de 11,50 metros de largo e un taboleiro de 6 metros de ancho para evitar a retención de materiais ante novos temporais.

Canon 2010

A Xunta de Goberno aprobou ademais 2 novas obras con cargo ó canon 2010. Estas son a mellora de toma de terra postes reemisores TDT de titularidade municipal en A Fonsagrada por valor de 37.382 euros, e a señalización no Concello de Pobra de Brollón por 20.738 euros. Estas actuacións súmanse ás 5 acordadas xa en Carballedo e ás outras 2 en A Fonsagrada. Gato Soengas destacou que “no pleno de maio, malia contar coa abstención do PP, este equipo de Goberno lograba poñer fin a débeda do canon aprobando a partida orzamentaria de 2010 para os 15 Concellos con produción hidroeléctrica e sen sentenza favorable e achegando máis de 2 millóns de euros para novas obras. Ó tempo que rematamos coas actuacións do canon de 2009 poñemos en marcha ás de 2010 facendo que non cese a obra pública na provincia, contribuíndo a manter postos de traballo e mellorando os servizos ós cidadáns”. Deste xeito, a Deputación puxo fin ás actuacións no Concello de Quiroga con cargo ás anualidades de 2008-2009 aprobando a contratación das obras de rehabilitación do centro social Os Novais por valor de 68.148 euros.

Exit mobile version