Todo está listo en Burela para a celebración o vindeiro sábado 21 de agosto do día da bicicleta que organiza a Delegación de Deportes. A saída será ás 12 da praza do Concello para seguir polo paseo marítimo ata a praia de A Marosa e volta ata a praia do Cabaliño. A edil nacionalista, Neves Cando, convida “a todos, a maiores, a nenos, a pais, a nais, a avós e avoas a participar neste paseo en bicicleta polo noso concello. Trátase de divertirse facendo un pouco de deporte, pero sen competir”.