CERVO .- O centro de servizos para a cidadanía existente en Cervo acolle a exposición de comic “Viñetas descubertas” e “Miña terra galega), ata ,mediados de agosto, organizadas pola Consellería de Cultura e Turismo.
Nota de Prensa
AS EXPOSICIÓNS ‘VIÑETAS DESCUBERTAS’ E ‘MIÑA TERRA GALEGA’ NO CENTRO DE SERVIZOS PARA A CIDADANÍA
* Esta escolma do mellor cómic galego dos últimos anos poderá ser visitada ata mediados deste mes de agosto
Cervo, 3 de agosto de 2010.- Dende mañá mércores e ata mediados deste mes de agosto, a sala de exposicións do Centro de Servizos para a Cidadanía de Cervo acollerá as exposicións ‘Viñetas Descubertas’ e ‘Miña Terra Galega’, organizadas pola Consellería de Cultura e Turismo.
Estas mostras conforman unha escolma do mellor cómic galego dos últimos anos, xa que obtiveron unha magnífica acollida na última edición do Salón Internacional do Cómic de Barcelona e nas Xornadas da Banda Deseñada Galega en Ourense.
A exposición ‘Viñetas descubertas’ é unha panorámica de 32 obras realizadas por autores gañadores dos galardóns máis importantes deste últimos anos, como Mariano Casas, Juan Luís Pérez, Jano, Marcos Calo, Cosme, David Rubín -encargado da elaboración do cartel oficial de Ficomic 2009-, Jacobo Fernández, Martín Romero e Antonio Seijas.
Mentres que a mostra ‘Miña Terra Galega’ resume a visión de oito dos creadores, actualmente en activo na nosa terra, sobre os tópicos e temas relacionados con Galicia, desde a paisaxe ou o marisco ata a música ou as fantasías populares. Alberto Guitián, Diego Blanco, Kiko da Silva, José Domingo, Alberto Vázquez, Emma Ríos, Iván Suárez e Manel Cráneo son os autores representados na mostra a través de historietas de cinco páxinas creadas expresamente para o certame de Barcelona.
Ambas exposicións xa visitaron varias localidades da xeografía galega. En Cervo, poderanse visitar de luns a venres, das 8 horas ás 14.00 horas.