Nota de Prensa
REMEDIOS LÓPEZ CONVIDA A NENOS E ADULTOS A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES ACUÁTICAS QUE SE DESENVOLVERÁN MAÑÁ NA PRAIA DE O PORTELO.
Burela, 20 de agosto de 2010. A concelleira do Mar, Remedios López, convida “a participar nas actividades acuáticas que se desenvolverán mañá na praia de O Portelo” e anima “a disfrutar das agradables temperaturas que estamos tendo nestes días veraniegos”.
A edil socialista lembra que “a última analítica da Xunta de Galicia recolle que a auga desta praia é apta para o baño e como todos os indicadores se atopan nos parámetros normais O Portelo será escenario do Día do mar, unha xornada na que poderemos disfrutar de esqui acuático, inchables, donus acuático, padel, surf, motos de auga, bolas acuáticas e xogos como ximcana, baloncesto, etc. Contaremos con oito monitores, dous do Concello e seis especializados que ensinarán e axudarán a desenvolver ditos deportes. Tamén contamos coa colaboración de Protección Civil e a Cruz Vermella como apoio do evento”.
Remedios López sinala que “estas actividades están destinadas a nenos maiores de seis anos, e é condición indispensable saber nadar. O horario será de 11 a 14 horas pola mañá para os nenos de 7 a 12 anos e en horario de tarde de 16 a 19 horas para os maiores de 12 anos sen límite de idade. Igual que o ano anterior serán totalmente gratuítas para a poboación”.