Site icon Crónica3.com A Mariña

Nova concentración da comisión Focega en Defensa da Sanidade a espera da reunión coa conselleira

FOZ .- A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública anuncia que o sábado día 7 de agosto, as 12 horas, celebrarase a concentración mensual en demanda dun Servizo de Urxencias Médicas para o Centro de Saúde de Foz. Recordan que están a espera da reunión co Conselleira de Sanidade, “o Sr Balseiro que se comprometeu con nos a xestionar dita reunión”.

Nota de Prensa

– O Próximo sábado día 07 de Agosto, as 12 horas, no lugar de costume, terá lugar a concentración que a Comisión Focega en Defensa da Sandade Pública ven facendo todos os primeiros sábados de mes. Estas concentracións fanse en demanda de un Servizo de Urxencias Médicas para o Centro de Saúde de Foz.

– A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública está a espera da reunión co Conselleira de Sanidade. En dita reunión queremos revisar o estudo comprometido na reunión anterior mantida con membros da Consellería.

– Queremos recordarlle o Sr Balseiro que se comprometeu con nos a xestionar dita reunión. E tamén dicirlle que “aínda que hoxe estea claro, maña pode haber chuvascos”. Nos temos boa memoria.

– Tamén queremos dicir que aínda que nos queiran menosprezar, non conseguiran que cesemos na nosa xusta reivindicación, posto que temos moita paciencia e a razón está do noso lado.

– Aínda que non somos partidarios de mais medidas que o dialogo tranquilo e sereno, non descartamos levar a cabo algunha medida de forza co xeito de conseguir que se nos reciba e atenda.

– Por último queremos animar os nosos veciños e visitantes a que acudan a concentración do vindeiro sábado.

Exit mobile version