CERVO.- O luns, 2 de agosto, ás 19 horas, na Parazoleta da Vila levarase a cabo a actividade “”A cociña itinerante dos contos:cociñando contos 2010”. É un proxecto de animación cultural organizada pola Deputación de Lugo Vicepresidencia Primeira e o Concello de Cervo, baseado na “ximnasia da imaxinación”. Xira ao redor dos libros e do medio ambiente: a través da instalación dunha Ciclobiblioteca cargada con libros en galego sobre medio ambiente. A intención é levar a cultura ambiental a todos os recunchos da man dun contacontos “cociñeiro de historias”, que cos seus contos busca alimentar a imaxinación dos participantes nas súas sesións, concienciándoos ademais no coidado e a estima do patrimonio natural da nosa provincia.
Cunha duración dunha hora, a sesión contará coas seguintes actividades:
*
Pasarúas Lector: unha Ciclobiblioteca percorrerá as rúas da vila anunciando o lugar de instalación e a actividade a desenvolver.
*
Instalación da Ciclobiblioteca: a Ciblobiblioteca quedará instalada durante unha hora na Prazoleta da Vila, e poñerá libros , contos ou revistas, sobre medio ambiente, á disposición dos usuarios/as.
*
“Seteventos”, o cociñeiro de contos: cociñará contos, e tamén lles ensinará aos asistentes como se cociñan os contos, para que entre conto e conto, aprendan a amar os bosques, os ríos, o mar e as montañas.