Nota de Prensa
A CLÍNICA VIRXE DA MARIÑA REVISA OS PRIMEIROS EQUIPOS DO BURELA FS
A clínica médico-cirúrxica Virxe da Mariña de Burela realiza, un ano máis, as revisións do CD Burela FS como parte esencial do acondicionamento de cara á tempada. Durante estes días, os xogadores e xogadoras laranxas sometéronse ás correspondentes exploracións médicas, para control e exame da preparación física.
Xunto aos recoñecementos da pretempada, os equipos masculino e feminino tamén estarán supervisados polos especialistas do centro ao longo da competición ligueira.
A Virxe da Mariña, sita na avenida Arcadio Pardiñas, número 145, conta con atención nas especialidades de medicina xeral, enfermería, traumatoloxía e cirurxía ortopédica, dermatoloxía, xinecoloxía, otorrinolaringoloxía, psiquiatría, logopedia, fisioterapia, oftalmoloxía e radioloxía. O centro completa os seus servizos cun gabinete psicotécnico (conducción, permiso de armas e licenza de animais potencialmente perigosos) e tratamentos dermoestéticos e con láser (vascular e depilación), entre os que destacan las técnicas de botox ou peeling para o antienvellecemento cutáneo.
A última novidade da clínica burelá é o Igualatorio Médico, iniciativa que ofrece un servizo integral que conta con facultativos altamente cualificados á disposición dos interesados en asociarse á Virxe da Mariña. Os adheridos ao Igualatorio dispoñen dunha boa asistencia sanitaria a prezos moi económicos, que poden abonar en cómodas cotas mensuais (dende só 20 € ao mes).