Site icon Crónica3.com A Mariña

Amigos da Maruxaina de San Cibrao xustifica nun discurso a designación de “Maruxaino de Honra”

Nota de Prensa

DISCURSO DA ASOCIACION AMIGOS DA MARUXAINA

MARUXAINO DE HONRA 2010

JOSE MANUEL BALSEIRO OROL

Como todos los anos a elección do Maruxaino de honra suscita un debate intenso no seo da Directiva desta Asociación, este ano si cabe aínda mais, porque non queremos mezclar o Espírito Maruxaino coa política, pero esta claro que tampouco podemos partir polo medio a una persoa ou arrincarlle parte da súa vida. Polo tanto optamos por primeiro valorar si ten méritos para recibir este prezado galardón, como Maruxaino, sen meternos moito na súa actividade profesional.

Creemos que o Maruxaino de Honra deste ano, ben merece esta distinción, polo seu compromiso coa festa da Maruxaina dende hai moitos anos, e que ademais de vivir a Festa es disfrutala como o que mais, tamén sigue botando unha man na promoción, difusión e apoio as Comisións de Festas que a organizan ou a esta Asociación cando o necesitamos.

Polo tanto, a Asociación Amigos de Maruxaina, ten a honra de elixir a José Manuel Balseiro Orol, como Maruxaino de Honra deste ano 2010.

Creo que non e necesario que vos expliquemos a todos os méritos que ten José Manuel para ser Maruxaino de Honra, pero vamos dar unhos pequenos detalles dos motivos polos que esta Asociación quere recoñecer a súa implicación coa festa de Maruxaina e todo o que a rodea.

Colaborou como Directivo da Asociación de Veciños nas festas do ano 1991.
Formou parte das comisións de festas dos anos 1992,1994.
Foi presidente das comisións de festas dos anos 2001, 2002, 2003, 2005.
Colaborou para que a Maruxaina fora declarada de Interés Turístico.
Colabora  a través do seu cargo, antes como concelleiro e agora no Parlamento de Galicia, con todas as Comisións de Festas para conseguir axudas que fagan posible que a Festa de Maruxaina se leve a cabo.
Colabora a través do seu cargo, antes como concelleiro e agora no Parlamento de Galicia, con esta Asociación para promocionar e difundir a nosa Festa.

E como dixemos o primeiro, non podemos a unha persoa arrincarlle ou separarlle a ninguén a súa vida profesional nin meternos no seu estado civil, relixioso, etc. Pero esta claro que e un orgullo non solo para os Maruxainos e Maruxainas, o contar entre nos con unha das persoas mais importantes hoxe en dia da nosa Galicia, dado que, como todos sabedes, e a terceira persoa en xerarquía despois do Presidente da Xunta e do Presidente do Parlamento, e iso como Veciños, como Maruxainos e no meu caso como amigo e un orgullo para nos terte entre nos José Manuel.

E por ultimo divírtese coma o que mais durante a Festa, e non e difícil velo por aí coa gorra de lado, indicación de que xa ten o pote medio cheo, ríndose e sendo un mais de todos os maruxainos e maruxainas que levamos o espírito da Maruxaina.

Exit mobile version