Site icon Crónica3.com A Mariña

Xoves e venres, teatro e contacontos en Barreiros

Xoves haberá teatro en Barreiros. A Aula de Teatro da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Barcelona poñerá en escea a obra “Historias Peregrinas”. Será a partires das 21:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Venres terá  lugar unha sesión de contacontos musical a cargo de Tusitala que fará as delicias dos asistentes cos seus “Contos para facer o indio”. A actuación terá lugar ás 12 da mañá na praza do Concello (en caso de choiva será no centro social de San Cosme). Os actos están organizados pola Concellería de Cultura,a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Barreiros e a Xunta a través da S.A de Xestión do Xacobeo.

Exit mobile version