Xoves haberá teatro en Barreiros. A Aula de Teatro da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Barcelona poñerá en escea a obra “Historias Peregrinas”. Será a partires das 21:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. Venres terá lugar unha sesión de contacontos musical a cargo de Tusitala que fará as delicias dos asistentes cos seus “Contos para facer o indio”. A actuación terá lugar ás 12 da mañá na praza do Concello (en caso de choiva será no centro social de San Cosme). Os actos están organizados pola Concellería de Cultura,a Oficina Municipal de Información Xuvenil de Barreiros e a Xunta a través da S.A de Xestión do Xacobeo.
Xoves e venres, teatro e contacontos en Barreiros
Xoves e venres, teatro e contacontos en Barreiros
Relacionado
-
O pasado domingo, 17 de novembro, reuniuse unha boa representación da familia Amieiro, de San Miguel, no restaurante El Huerto, en Villaframil, Ribadeo
-
A Garda Civil investiga á suposta autora dun delito de simulación de delito de Barreiros
-
Este pasado domingo, 17 de novembro, tivo lugar a tradicional comida próxima ó Nadal da Peña Deportivista de Burela