Site icon Crónica3.com A Mariña

O hotel Vila do Val de O Valadouro organniza unhas xornadas gastronómicas do bonito

VALADOURO (FNC) . Nova cita gastronómica no hotel Vila do Val. Do venres 23 de xullo ao 15 de agosto o protagonista será o bonito. Os amantes do príncipe azul poderán degustalo á prancha, con pisto, en rolo ou en caldereta mariñeira con patacas.

A directora do hotel, María Hermida, explica que “non queriamos deixar pasar a tempada do bonito, que capturan sobre todo os barcos de Burela, para organizar unhas xornadas gastronómicas deste exquisito produto, a estrela do verán na zona”.

Hermida engade que “durante máis de 20 días os que visiten o noso restaurante poderán degustalo en cinco especialidades. Teremos bonito á prancha, ventresca de bonito á prancha, bonito con pisto, bonito en rolo e caldereta mariñeira de bonito con patacas. Esperemos que gusten estas preparacións e así repetir estas xornadas o próximo ano”. A directora do hotel Vila do Val recorda que “as citas gastronómicas que organizamos ata a data nos nosos dous anos de vida déronnos bo resultado e tiveron unha gran acollida entre os nosos clientes”.

María Hermida anima “aos amantes do bonito a achegarse ao Vila do Val a gozar con algún dos pratos que imos ofrecer a un prezo especial de 10 euro”

Exit mobile version