O VICEDO .- Ducias de cabalos e cabaleiros déronse cita no parque eólico de Riobarba a onde tamén acudiron un bo número de persoas, a pasar unha xornada alegre e gozar da Festa do Turismo Rural, que organiza o concello de O Vicedo.
Camiño de Riobarba, ou de O Vicedo, segundo a procedencia, en pleno monte descampado, no que os “muíños” substituían aos eucaliptos, a organización deu cabida a unha unha carpa, un chiringuito e un mini mercadiño, no que se podían adquirir artigos de última moda e novas tecnoloxías.
Os asistentes puideron desfrutar do espectáculo ecuestre que se desenrolou durante toda a xornada e que rematou con competicións pasadas as cinco da tarde. Dentro do programa festivo tamén se atopaba unha variada degustación a que asistiron numerosas persoas
O Vicedo celebrou a “Festa do Turismo Rural” a carón dos “muíños” do parque eólico de Riobarba