O alcalde de Ribadeo explicou que dos quince vagóns que formaban o convoi 10 descarrilaron e algúns deles quedaron colgados por un terraplén preto da ría de Ribadeo. Afortunadamente non houbo que lamentar desgracias persoais. Segundo o rexedor todo apunta a unha desviación da vía que non se sabe porque estivo ocasionada. Feve está a manter o transporte de viaxeiros entre Xixón e Ferrol e viceversa, facendo o treito que separa Vegadeo de Ribadeo en autobús.