Site icon Crónica3.com A Mariña

Torneo Fútbol 7 do concello de Cervo no campo de fútbol de A Veiga en San Cibrao

CERVO .- Presentouse o “Torneo Fútbol 7 do concello de Cervo”, que se celebrará os días 9, 10 E 11 de Xullo. No acto participaron o concelleiro de Deportes, Rubén Fernández, xunto coa coordinadora das Escolas Deportivas Municipais de Cervo, María González.

Nota de Prensa

OS DÍAS 9, 10 E 11 DE XULLO CELEBRARASE NO CAMPO DE FÚTBOL DA VEIGA (SAN CIBRAO) O TORNEO FÚTBOL 7 “CONCELLO DE CERVO”

Cervo, 7 de xullo de 2010.-  O concelleiro de Deportes, Rubén Fernández, xunto coa coordinadora das Escolas Deportivas Municipais de Cervo, María González, presentaron o Torneo Fútbol 7 – Concello de Cervo, que se vai celebrar os vindeiros días 9, 10 e 11 de Xullo.

O Torneo celebrarase no Campo de Fútbol de “A Veiga” en San Cibrao, o venres pola tarde, sábado e domingo. A Cota de inscrición é de 120 € que se ingresará antes do día 9 de Xullo na conta da CAIXA GALICIA Nº 2091-0119-59-3040022165, co nome do equipo responsable e teléfono de contacto.

O prazo de inscrición remata o próximo venres, 9 de Xullo ás 12:45 horas, día no que se realizará o sorteo ás 13.00 horas no Campo de “A Veiga”.

Para que o Torneo se leve a cabo terá que haber inscritos un mínimo de 8 equipos, de non ser así devolverase o importe da inscrición.

Os teléfonos de información son os seguintes: MARÍA: 626 89 21 77.

Os premios que se repartirán serán:

1º  Clasificado. 700 € + trofeo.

2º  Clasificado: 200 € + trofeo.

3º  Clasificado: Trofeo.

4º  Clasificado: Trofeo.

Trofeo mellor xogador.

Trofeo máximo goleador.

Este torneo está organizado polo Concello de Cervo a través da súa concellería de Deportes e pola empresa IG-10 sport. Tamén colaboran na súa organización as Escolas Deportivas Municipais e as empresas “Distribuciones carreiras” e “Autoservicio Familia”.

Exit mobile version