Site icon Crónica3.com A Mariña

Surrealismo no Carme en Foz

Onte celebrouse o Carme en Foz. Paseando pola festa observei duas cousas ben surrealistas. A primeira o cheiro abafante na mesma festa ao carón das atraccións e onde a xente bailaba. Supoño que o tufo penetrante viña da Depuradora, instalada alí mesmo e desaugando na mesma ría, no chamado “ángulo”, noutros tempos, cando aínda había profundidade, usado polos focenses para tirarse de cabeza e bañarse. Hoxe está cheo de múxeles e ben que depuran as augas noxentas que alí verque a EDAR.
A segunda foi un coche atravesando por entre a xente, sen que houbese ningunha autoridade presente para tomar as medidas oportunas e sancionar con dureza aos chulos de turno.

Lourenzo Pinheiro

Exit mobile version