Supoño que como boa parte de España, Cataluña con Puyol incluída.
Agora cabe pensar se o emprego dos 0,6 M€ por cada xogador rendiu. Se se lograron os obxectivos que se pretendía e corresponden co valor dos cartos empregados.
Que obxectivos? Non era o ganar o mundial de fútbol? Diriase que si, pero tamén para algo máis. Evidentemente, para o obxectivo de despistar a crise (da crise, quero dicir), si rendiu. Alomenos durante un tempo. Para cohesionar un estado? Momentáneamente, antes de que pase a resaca, pero tamén. Aínda que xa esteñamos de resaca ó día seguinte, chega con mirar a rúa como quedou á luz do día. Para aglutinar detrás dun símbolo? Si, pero un símbolo que deixou de significar o simbolizado: se queremos (quen queira) ser como os norteamericanos coa súa bandeira, que bandeira escolleriamos, a do ‘güisqui’ DYC que ondeaba algún? (os cores da española co logo de DYC e mesmo a frase ‘Disfruta de un consumo responsable’) Permitirian unha cousa tal nos EEUU?
A fonte do Parador foi o lugar de encontro posterior. Aquí non hai como na Cibeles, moito que romper: é abondo robusta, e dende que se comezou a empregar como lugar de celebración futbolera mesmo parece que deixou de botárselle deterxente e aparecer chea de espuma. A xente bañouse entre xaleo e bocinas de coches, nunha noite que apetecía para calquera cousa.
Mentras, a non tantos metros de alí, vin por primeira vez a cancela do porto, dun porto que paseniñamente se vai querendo facer estrano ós propios ribadenses que o teñen por seu e o defenden como tal. Estaba a medio cerrar, no sentido de entrada, non de saída, coa sinal de parada previa á antreda en inglés, ‘stop’ en troques do ‘alto’ que aparece por latinoamérica, e si, Castropol ó fondo, entre naves … Mentras, Ribadeo era unha festa.
Antonio Gregorio