Site icon Crónica3.com A Mariña

Sepes recibiu as obras do polígono industrial de Ribadeo no que hai 13 parcelas vendidas

RIBADEO (FNC) .- Sepes recibiu xa as obras do polígono industrial de Ribadeo, segundo anunciou esta mañá o alcalde. Fernando Suárez amósase moi satisfeito polo seu remate e agarda que nos vindeiros meses sexa moitas as empresas que se instalen neste parque. Ata o momento son 13 as parcelas vendidas.

O rexedor sinalou que “estamos diante outro pequeno gran paso no obxectivo final para ter o polígono industrial en funcionamento. Os responsables de Sepes recibiron as obras por parte da empresa constructora FCC, co que técnicamente están rematadas sen perxuizo dos prazos de garantía e dos períodos de proba que a lei indica”.

Suárez Barcia manifestou que “desde o Concello estamos moi satisfeitos de que estea rematado desde o punto de vista técnico e constructivo e seguimos traballando no plano máis administrativo e máis xurídico, de feito o pleno da Corporación aprobou de maneira inicial os estatutos da entidade de conservación. Son as entidades que formadas polos propios empresarios xunto coa administración encargaránse de velar pola tutela das instalacións, dos servizos, da vixianza, do coidado”.

O alcalde de Ribadeo engadiu que “por parte de Sepes nos indicaron que nos vindeiros días nos remitirán o proxecto de reparcelación para que sexa aprobado polo pleno do Concello e a partires de aí todos os compradores poderán inscribir as súas fincas nos rexistros, poderán acudir ao notario, ao banco a constituir unha hipoteca en caso de que a necesiten, etc, etc. Son pasos necesarios, importantes e desde o ano 2007  ata o de agora vemos o que era un páramo e unha realidade construida. Quizáis ven nun momento extremadamente malo desde o punto de vista global, pero ter 13 parcelas vendidas non é un mal síntoma, esperemos que nos próximos tempos máis empresas se animen a instalarse aquí”. Fernando Suárez suliñou que “temos un dos mellores polígonos en moitos kilómetros á redonda, moi ben comunicado, moi ben situado e cuns prezos que non son demasiado desproporcionados para o lugar no que se encontran”.

Exit mobile version