Site icon Crónica3.com A Mariña

Sargadelos comeza a celebración do Santiago co “II festival Sargadelos fusión”

CERVO .- A asociación “Fervenza de Sargadelos”, de Cervo, organiza as festas de Santiago de Sagadelos que se inicia o día 23 con segundo festival “Sargadelos fusión” e remata o día 25 de xullo. Estes días pasaran por Sargadelos os grupos de rock Sacha na horta, Ataque escampe, Mallory, Recambios Tucho, o grupo folk A Roda, o grupo Fusión, a orquestra Samil. Actuará tamén o grupo de gaitas de Airiños do Xunco.

REFERNCIA

Este é o programa da festa:

VENRES, 23 DE XULLO

-II Festival “SARGADELOS FUSIÓN”, a partir das 22.30 h.

Actuarán os grupos:

SACHA NA HORTA (aghro-punk mestizo, Santiago de Compostela).
ATAQUE ESCAMPE (rock de serie B, Santiago de Compostela).
MALLORY (rock, Ribadeo).
RECAMBIOS TUCHO (versións de clásicos do rock, O Barbanza).

SÁBADO, 24 DE XULLO

-12 h. Lanzamento de Bombas de Palenque.

-20 h. CHORIZADA E PANCETADA.

-23 h. CONCERTO DO HISTÓRICO GRUPO FOLK “A RODA”.

Ao rematar o concerto, DEGUSTACIÓN DE QUEIMADA DE BALDE.

-0.30 h. VERBENA a cargo do GRUPO FUSIÓN.

DOMINGO, 25 DE XULLO

-12 h. Lanzamento de bombas de palenque.

-13 h. MISA SOLEMNE a cargo do CORO PARROQUIAL DE CERVO. Procesión co GRUPO DE GAITAS DE AIRIÑOS DO XUNCO.

-14 h. SESIÓN VERMÚ a cargo da ORQUESTRA SAMIL.

-22.30 h. VERBENA a cargo da ORQUESTRA SAMIL.

ORGANIZA: A. C. R. FERVENZA DE SARGADELOS.

COLABORAN: CONCELLO DE CERVO E EXCMA. DEPUTACIÓN DE LUGO.

Exit mobile version