Rodiezmo e un pobo de pouco mais de 100 habitantes do norte da provincia de León. Encontrase a 45 km de León e a 12 de Asturias a través do porto de Pajares.
Durante moitos anos, sobre todo na época comprendida entre os años 1960 e 1980, mineiros dos pobos da cunca do Caudal, como Mieres, Turón e Pola de Lena, alugaban casas para pasar tempadas no pobo co fin de recuperarse, o ser un clima moito mais seco que o de Asturias, dos efectos da silicoses, enfermidade típica dos que traballan nas minas.
O piñeiro de Rodiezmo acolle cada primeiro domingo de setembro, e lévao facendo dende fai 29 anos, a Festa Mineira Asturleonesa organizada por SOMA-FIA-UGT, que consigue congregar xunto as máximas figuras do PSOE e da organización sindical, a mais de 30.000 persoas desexosas de escoitar as políticos e os responsables sindicais relacionados co sector mineiro.
Dende o ano 1979, no que por primeira vez a campa deste fermoso pobo da montaña leonesa acolleu esta xuntanza festiva e política, so nunha ocasión non se celebrou esta tradicional festa, e foi no ano 1995 como duelo por o falecemento de 14 mineiros nas minas de Asturias.
Co paso dos anos, a Festa mineira foi adquirindo unha grande relevancia posto que nela danse cita persoeiros como Alfonso Guerra, Vicente Álvarez Areces, Cándido Méndez, e os máximos responsables de SOMA-FIA-UGT. Pero o prato forte destes últimos aos, e a presenza de José Luis Rodríguez Zapatero, Presidente do Goberno, quen da inicio o curso político tras o parón estival, marcando as directrices que o seu Goberno vai seguir, sobre todo en materia enerxética, de infraestruturas, que poidan afectar tanto a Asturias como a León, y de política social.
Pero nestes encontros o Presidente do Goberno tamén carga as pilas xuntándose con miles de traballadores e militantes do seu partido que lle fan chegar a súa proximidade e o seu aprecio persoal. O Presidente tamén lles mostra a súa gratitude, pois non pode esquecer que a crase traballadora e a principal base de votos socialistas.
Este ano Zapatero non vai acudir a Rodiezmo, alegando que non se da un clima pertinente, e que ademais dentro de poucas semanas se vai celebrar a folga xeral convocada por os sindicatos.
E certo que este ano o clima da reunión non vai ser o mesmo de outros anos. Non podemos esquecer que as ultimas decisións que tomou este goberno, e as que pretende tomar, son contrarias os intereses dos traballadores.
Este Goberno decidiu axudar a banca, o mesmo tempo que baixou os salarios dos funcionarios e dos xubilados. Este Goberno pretende modificar a lei de pensións e o pacto de Toledo para aumentar a idade de xubilación. Este Goberno maña vai tratar de sacar a diante no Parlamento a reforma laboral na cal se aproba un despido mais barato. Este Goberno decide subir o IVA en vez do IPF. Este Goberno pretende que a crase traballadora cargue co maior esforzo desta crise.
Todas estas decisións deste goberno fan que o ambiente da festa non sexa o mais propicio. Pero iso non e un motivo suficiente para que o Presidente do Goberno non acuda a reunirse co súa xente.
O motivo real e o de que Zapatero xa non e o mesmo. Agora encontrase mais cómodo en compaña dos banqueiros, empresarios ou recibindo a deportistas famosos despois de acadar un triunfo.
Zapatero xa non e o mesmo. Zapatero mudou de amigos. E nos, a crase traballadora, xa non pertencemos o seu circulo de amizades.