Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo recolle en Madrid a certificación de municipio familiarmente responsable

RIBADEO (FNC). A concelleira da muller, Mariluz Álvarez Lastra, e a responsable do CIM, Luisa González recollerán mañá en Madrid o certificado de municipio familiarmente responsable que recibe o Concello de Ribadeo xunto a outros cinco como mais comprometidos en conciliación, igualdade e responsabilidade familiar. Os encargados de facer entrega do galardón son o secretario general de Política Social y Consumo, Francisco Moza, e o presidente da Fundación Más Familia, Antonio Trueba.

O acto, que terá  lugar ás 12 da mañá no salón de actos do Ministerio de Sanidade e Política Social, enmárcase na xornada El valor de vivir en un municipio efr que dará comenzo tres horas antes e na que se presentará o novo modelo de xestión efr municipio desenvolvido pola Fundación Más Familia. Será no transcurso da xornada cando se produza a intervención de Mariluz Álvarez Lastra que falará de igualdade. Os representantes dos Concellos de Calviá, Granada, Pozuelo de Alarcón, Salamanca e Ribadeo darán conta das boas prácticas postas en marcha nas súas respectivas corporacións locais.

Exit mobile version