O Concello contrata a tres persoas para a atención da oficina de turismo da praia de As Catedrais. Será pola modalidade de obra ou servizo determinado a tempo parcial e durante dous meses. Entre os requisitos específicos que se esixen figuran o de estar en posesión da diplomatura de turismo. Valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante e os cursos directamente relacionados. O prazo de presentación da documentación remata ás 14 horas do vindeiro 19 de xullo. E as probas de selección serán o día 20 ás 10 da mañá na Casa do Concello
Ribadeo contrata tres persoas para a oficina de turismo da praia das Catedrais
Ribadeo contrata tres persoas para a oficina de turismo da praia das Catedrais
Relacionado
-
Esta semana o mercado semanal de Viveiro, que habitualmente é os xoves na Praza Maior, terá lugar de maneira excepcional o mércores debido a celebración da Semana Santa
-
Cariño prepárase para a celebración dunha gran xornada festiva con fins solidarios este sábado, 19 de abril
-
Gran ambiente na II Ruta Cabalar celebrada este domingo, organizada pola asociación Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello de Cervo