Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo contrata a cinco operarios de limpeza para a praia de As Catedrais

O Concello de Ribadeo contrata a cinco operarios de limpeza para a praia de As Catedrais pola modalidade de obra ou servizo determinado por un un período de dous meses e a tempo parcial. Entre os requisitos que se esixen figuran estar en posesión do certificado de estudios primarios ou de escolaridade e o carnet de conducir da clase B. Valoraranse os servizos prestados no Concello de Ribadeo, noutras administracións públicas e empresas privadas de Ribadeo ou de fora do termo municipal en postos de traballo de contido análogo ou categoría semellante ao das prazas a que se opta e os cursos relacionados coa actividade a desenvolver no posto de traballo impartidos pola administración pública ou entidades dela dependentes ou homologadas. O prazo de presentación de documentación no rexistro xeral de entrada remata ás 14 horas do vindeiro 19 de xullo. E as probas de selección terán lugar o 21 de xullo ás 10 da mañá na Casa do Concello

Exit mobile version