Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo contrata a un oficial albanel para o servizo de obras

O Concello contrata a un oficial albanel para o servizo de obras, será pola modalidade de obra ou servizo determinado por un prazo de seis meses, sen prexuizo das prórrogas que procedan, no seu caso. Entre os requisitos que se esixen figuran estar en posesión do certificado de estudios primarios ou de escolaridade, titulación semellante ou superior e o carnet de conducir da clase B. Valoraránse os servizos prestados no Concello de Ribadeo ou noutras administracións públicas en postos de contido análogo ou categoría semellante ao das prazas a que se opta; os cursos relacionados coa actividade a desenvolver impartidos pola administración pública ou entidades delas dependentes ou homologadas e tamén a experiencia. A documentación esixida poderá presentarse ata as 14 horas do 22 de xullo no rexistro xeral de entrada e as probas de selección terán lugar o 26 de xullo ás 10 da mañá na Casa do Concello.

Exit mobile version