COMUNICADO DE PRENSA
COMPLEXO CULTURAL REGALXUNQUEIRA
Curva de Xunqueira-Viveiro. Camiño Real, 127 – Xunqueira 27850 Viveiro (Lugo) Tlf. 982 56 25 89 – Fax 982 56 04 06 Email: ceramica@oteroregal.com
www.oteroregal.com
Exposición
EN TORNO A MARUJA MALLO
EXPOSICIÓN
PABLO LIBIO
PABLO BELLAS
EDU ALBO
DAVID CATÁ
MARY BOIX
OTERO REGAL
Acto que terá lugar o vindeiro Venres, 2 de Xullo ás 20 horas no auditorio e Sala de Exposicións do Complexo Cultural REGALXUNQUEIRA – VIVEIRO.
Servirase un viño e algo de comer
(Dita exposición poderase visitar do 2 ó 30 de Xullo, de 10,00 a 14,00 e de 16,00 a 20,00 h, tódolos días. )
Maruja Mallo (Viveiro– 1902 ),libre e artista, foi unha muller adiantada ao seu tempo e autora dunha obra vangardista e dunha actitude vital sobresainte. A cuarta de catorce irmáns, estudou na Escola de Belas Artes de san Fernando de Madrid. En 1928, da man de Ortega e Gasset realiza a súa primeira exposición nos Salóns da Revista de Occidente, de Madrid, a única que fixo dita revista. Aquí mostramos os grabados de homenaxe a este revista feitos posteriormente pola artista. En 1932 viaxa a París onde coñece a Magritte, Max Ernst, Miro e De Chirico, e participa en faladoiros con André Breton e Paul Eluard. Dous anos máis tarde exerce de profesora na Escola de Cerámica e na Residencia de Estudantes de Madrid. Alí relaciónase con artistas, escritores e cineastas como Salvador Dalí, Federico García Lorca e Luís Buñuel. En Febreiro de 1937 abandonou España e viaxou a Arxentina, país no que viviu durante máis de vinte e cinco anos. Alí pintou retratos bidimensionales e naturezas vivas nas que mostra o mundo submarino, con caracolas e flores estrañas. En 1964 regresou a España, recibindo tres anos despois a Medalla de Ouro das Belas Artes. Creativamente a obra de Maruja Mallo foi evolucionando desde un tipo de representación irónica e barroca de temas populares, a tonos cada vez máis escuros e sombríos, no que as figuras asómanselle rotundas e monumentais. Viviu unha estreita relación co poeta Rafael Alberti, antes de que este último coñecese á súa futura muller, María Teresa León. Tamén tivo relacións co poeta Miguel Hernández, no que influíu no poema “O raio que non cesa”. Morreu en Madrid o 6 de febreiro de 1995.
Hoxe seis artistas plásticos vencellados a Viveiro mostran o arredor dela, a sua obra como fermoso homenaxe a MARUJA MALLO que foi nena polas ruas de Viveiro.
PABLO LIBIO. Naceu en Suiza no 1964 de pais cubanos, xa na isla caribeña cursa estudios de Belas Artes e Diseño Grafico, Reside en Viveiro dende o ano 1993, onde rexenta unha escola de pintura con notable éxito, dous dos pintores que aquí expoñen foron alumnos del nos seus comezos. Vive da pintura, como profesor e como profesional mediante encargos e exposicións, no seu curriculum figuran abondosas mostras tanto individuais como colectivas asi como diversos premios.
A sua obra tende cada vez mais ó hiperrealismo con toques de poesía plástica como se pode ver nas duas obras expostas.
EDU ALBO Sempre digo que é posible reproducir un sentimento humano a través da representación dun obxecto, en toda a miña obra fágoo, tan só se trata de expresar con sinceridade o sentido. O como, é o de menos.
Represento a soidade humana, entendendo como tal o sentimento de soidade entre a multitude.
Cada ser conta cunha vida interior independente da do resto de seres cos que cohabita, descoñecida para estes e ata para un mesmo.
Por iso os meus obxectos teñen vida propia, non colectiva, representada por exemplo nas sombras propias, non transmitindo pola contra nada ó contorno, que aparece baleiro.
PABLO BELLAS Alumno aventaxado de Pablo Libio, 31 anos Naceu e reside en Viveiro, estudante de delineación e ten feito varias exposicións e participado en concursos da bisbarra.
DAVID CATÁ : Titulo de bacharelato artístico, cursado no IES Monte Castelo de Burela. – Título de grao elemental no conservatorio de Viveiro. Graduado en Belas Artes pola facultade de Pontevedra. Exposicións colectivas 2010 Aquí estamos nós. Área Panorámica, Tui. Mariñarte 2010. Forte de San Damián. 15 proxectos de espazo para un espazo. Cambados. 2009 * Mariñarte 09. Abrindo sucos no contemporáneo. Forte de San Damián. Ribadeo, Lugo. Catálogo. 2008 * Inmigración. Local da antiga Praza de Abastos. Burela, * Percorridos. Artes plásticas dá Mariña. Centro de Desenvolvemento Comarcal. Mondoñedo, Lugo. Catálogo. Premios e publicacións 2007: 3º premio de Pintura ao aire libre. Viveiro, Lugo. * 4 publicacións no xornal Heraldo de Viveiro de retratos aos candidatos a laselecciones 2007. (Debuxados mentres se realizaban as entrevistas).*Deseño dunha sala na IX Edición do Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, relacionado co mar e colaboración na súa posterior montaxe. En 2010 gañou o certame de artes plásticas da deputación de ourense.
MARY BOIX. Nace en Barcelona-España. Crece e edúcase entre Venezuela e Xamaica. Vive máis de 10 anos en USA. Regresa en 1998 para fixar a súa residencia en España, logo dá súa última estancia nos Estados Unidos, esta vez durante 7 anos en Miami, onde participa en innumerables exposicións individuais e de grupo, en Galerías, Asociacións e Museos.
Autodidacta desde a súa infancia, gana en Caracas, o seu primeiro premio de debuxo e pintura á idade de 9 anos nun concurso patrocinado pola primeira cadea de Televisión Venezolana. Entre os anos 1975 ao 1980, cursa os seus estudos de pintura en ATEPIN, Venezuela, e experimenta nos estudos dos máis afamados mestres venezolanos do momento. En 1985 comeza a impartir clases, talleres e cursos intensivos así como demostracións de distintas técnicas tanto a adultos como a nenos, en Museos, atelliers e no seu propio estudo de Coral Springs, Florida.
En total foi seleccionada en máis de 80 exposicións conxuntas e 9 exposicións individuais en distintos países, ostentando variados premios. As súas coleccións exhíbense en múltiples establecementos e fogares de coñecido renome. A Prensa de distintos países favoreceuna coas súas críticas. Pertence a Organizacións e Asociacións de Pintores e Escultores nos sitios onde viviu e contribúe persoalmente nalgunhas delas. As súas últimas actuacións como Vicepresidenta e máis tarde como Presidenta do Coral Springs Artist Guild e do Schacknow Museum of Fine Arts na Florida, permítelle achegar magníficas referencias.
OTERO REGAL. Dende a década de finais dos 60 ven de formarse primeiro nas técnicas de debuxo e pintura e máis tarde na cerámica, profesión na que leva exercendo nos derradeiros trinta anos.A cerámica e o mundo de Regal, a pesares de que toca outros anacos da arte como o gravado, a literatura, a ilustración e o debuxo, a súa labor desenvólvese en dous ámbitos; por unha banda produce unha cerámica de mercado caracterizada polo seu eido diferencial, e por outra, e de forma paralela, unha produción artística con características que van dende o expresionismo ata a arte conceptual. Dende o ano 68, no que fai a súa primeira exposición en Mondoñedo son varios centos as que leva realizado ata o momento, tanto individuais como colectivas. Obradoiro propio de cerámica en Xunqueira, Viveiro-Lugo. Estudio de Cerámica artística, muralismo e traballos arquitectónicos. Imparte cursos de Raku, serigrafía cerámica e pastas cerámicas en varias localidades de España.
Realiza murais cerámicos para numerosos estamentos públicos e privados. Posee obra en Museos, Fundacións e coleccións privadas de España, Europa, EEUU e Xapón.
————-
Nota de Prensa Pablo Mosquera
MAÑANA VIERNES A LAS 20 HORAS EN EL MUSEO REGAL XUNQUEIRA, NUESTROS COMPAÑEROS SITO OTERO REGAL Y MARY BOIX, PABLO LIBIO, junto a Pablo Bellas y Edu Albo, INAUGURAN EXPOSICIÓN DE PINTURA, EN UNA MAGNÍFICA MUESTRA QUE LLEVA POR TÍTULO: “EN TORNO A MARUJA MALLO”.
Una magnífica oportunidad para reunirnos en torno a nuestros amigos en el mejor lugar y en el mejor de los ambientes de la cultura en libertad, sin duda la mezcla del MUSEO Y LA GALERÍA, que SITO OTERO REGAL, sabe transformar en punto de encuentro para las inquietudes artísticas del Territorio y las gentes que necesitamos defendernos de la mediocridad de quienes tratan de ignorar o callar la verdad de la creatividad y su independencia