Site icon Crónica3.com A Mariña

PSOE e PP soben o prezo pola prestación da axuda no fogar despois privatizala, asegura o BNG de Foz

Nota de Prensa

O PSOE E O PP SOBEN O PREZO POLA PRESTACIÓN DA AXUDA NO FOGAR DESPOIS PRIVATIZALA

“O BNG xa advertira que a privatización do servizo levaría a un custe maior para os usuarios”

Foz, 29 de xullo de 2010.- O Grupo de Goberno socialista presenta para este pleno unha modificación da Ordenanza Fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo de axuda no fogar que levará a unha suba das tarifas dos 8 euros por hora que se viña pagando ata agora a 11,88 euros. Esto representa unha suba de case 4 euros por hora o que supón unha suba porcentual do 48,50 % que terán que pagar os que ata agora viñan disfrutando deste servizo. Na comisión informativa xa o PSOE e o PP apoiaron esta suba e o BNG foi o único que votou en contra.

Para o BNG esta decisión de encarecer os servizos son a consecuencia da privatización que o PSOE e o PP levaron a cabo despois de que se advirtiran por parte da Inspección da Xunta irregularidades na prestación do servizo a dependentes valorados. Daquela o BNG xa advertira que as irregularidades manifestas –imputables á incapacidade do propio grupo de goberno e particularmente da delegación de servizos sociais- non xustificaba de ningunha maneira a privatización do servizo como finalmente se fixo. Privatizando o servizo non se consigue un mellor servizo senón, como se ve agora, un maior custe para os veciños, ademais de máis precariedade laboral para as traballadoras domiciliarias, posto que o que busca a empresa privada é facer negocio mentres a administración pública só dar bo servizo cos menos custes posibles sobre todo para aquelas persoas que o necesitan ou teñen dificultades económicas.

Agora, con esta decisión de subir os prezos públicos do servizo ponse de manifesto a coincidencia ideolóxica do PSOE e do PP locais ao non apostar pola xestión pública dos servizos e entregalos a empresas para que fagan negocios con eles.

Esta suba ademais é totalmente inxusta posto que a maioría dos beneficiarios son persoas xubiladas que viron conxeladas as súas pensións polas políticas antisociais do Goberno Zapatero. Polo tanto, o que se conclúe desta decisión, segundo o BNG, é por un lado a mala xestión dos servizos municipais por parte do goberno socialista e a súa incompetencia á hora de dar estes servizos e por outro unha política de gasto que non inviste no máis esencial e que sen embargo despilfarra superfluo.

Por todo o dito, o BNG oponse radicalmente ra que –despois dunha mala e irregular xestión municipal da axuda no fogar e da súa privatización- se queira agora subir as tarifas para “cargar o morto” aos usuarios, é dicir, aos veciños e veciñas de Foz, co agravante de que o servizo non vai a mellorar, en todo caso, a empeorar.

Exit mobile version