Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia xa ten operativos os servizos das instalacións náuticas de Viveiro

VIVEIRO .- Portos de Galicia xa ten operativos todos os servizos necesarios para os usuarios do porto deportivo de Viveiro, tal e como se anunciara o pasado día 13.

Neste momento xa están contratados os servizos de auga e enerxía, este último funcionaba ata hai uns días por medio dun grupo electróxeno mentres non se regularizaba coa empresa subministradora. Así mesmo, o servizo de travel funciona con normalidade así como o de limpeza a través dunha empresa contratada por Portos de Galicia.

Por outra banda, xa están colocadas nas instalacións portuarias dúas casetas con servizos de aseos, vestiarios, auga e luz, tanto para os usuarios do porto como para os transeúntes que se achegan ao mesmo. Nos últimos días tamén foi reparada e asfaltada a explanada portuaria e regularizadas a práctica totalidade das embarcacións.

O servizo de marinería funciona as 24 horas do día durante toda a semana así como o subministro de auga e enerxía nos pantaláns, funciona tamén a canle de VHF. Somentes está por levar a cabo unha pequena actuación, que comezará o vindeiro mércores consistente na reparación, nalgún caso, acondicionamento e revisión de toda a instalación eléctrica dos pantaláns que substituirá algúns elementos deteriorados polo uso, aínda que está en funcionamento. Portos de Galicia levou a cabo todas estas actuacións en orden á mellora das instalacións e para dar un servizo adecuado a todos os usuarios do porto.

Exit mobile version