Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia licita o aumento e dragaxe do peirao de Mirasol en Ribadeo

SANTIAGO .- Portos de Galicia anuncia a licitación das obras de alargamento do peirao e dragaxe da canle de navegación de acceso ao peirao de Mirasol en Ribadeo. O orzamento base de licitación é de 2.653.110,75 euros, e están cofinancidas nun 65 por cen polo FEDER. O prazo para súa execución é de  quince meses.

Nota de Prensa

Este é un dos compromisos anunciados polo presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, co obxecto de mellorar as infraestruturas portuarias de Ribadeo

PORTOS DE GALICIA ANUNCIA A LICITACIÓN DAS OBRAS DE ALARGAMENTO DO PEIRAO E DRAGAXE DA CANLE DE NAVEGACIÓN DE ACCESO AO PEIRAO DE MIRASOL EN RIBADEO

* O orzamento base de licitación é de 2.653.110,75 euros, e están cofinancidas nun 65% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O prazo para súa execución é de  quince meses.

Santiago, 15 de xullo de 2010.- O ente público Portos de Galicia anunciou hoxe do Diario Oficial de Galicia a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, das obras de alargamento do peirao e dragaxe da canle de navegación de acceso ao peirao de Mirasol, no porto de Ribadeo. O orzamento base de licitación é de 2.653.110,75 euros, e están cofinanciadas nun 65% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER). O prazo para súa execución é de  quince meses.

Este é un dos compromisos anunciados polo presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, co obxecto de mellorar as infraestruturas portuarias da Mariña lucense e, en particular, no porto de Ribadeo. Un porto como é sabido conta cun importante tráfico de pasta de papel.

As obras que se proxectan consisten basicamente no ensanchamento do peirao do extremo norte de Mirasol e a dragaxe da canle de navegación do acceso ao peirao comercial. Proxectase polo tanto, o ensanchamento do peirao comercial xunto ao peche da dársena pesqueira nunha lonxitude de 48,45 metros polo interior e paralelo a este, ata conseguir unha anchura de uso total de 14,45 metros. Desta forma se habilitan espazos suficientes para poñer en servizo o peirao comercial e que sirva  á vez como peirao de  carga, e se é o caso como peirao para outros usos. O novo muro do  peirao de atraque, ao igual que o existente terá un calado de case tres  metros.

El recinto creado será  pavimentado adecuadamente para os usos portuarios aos que está  destinado. Se instalarán tamén os elementos complementarios necesarios, tales como escaleiras metálicas verticais de  gato en aceiro nos peiraos, defensas verticais, tanto para o peirao pesqueiro como para o peirao comercial.

Asimesmo completaranse con elementos de amarre como son boiardos de 50 toneladas, bitas de 65 quilos e argolas. En canto aos servizos levará as correspondentes canalizacións de auga, enerxía e electricidade, con rede de abastecemento e as súas correspondentes tomas. O  alumeado contará con puntos de luz cun proxector de 1000 vatios, sobre a torreta existente.

Dragaxe

Se dragará en restitución dos calados de ata cinco metros, a canle de navegación actual de acceso e saída ao peirao de Mirasol ata os cinco metros de calado nunha zona correspondente a un rectángulo comprendido entre a bocana de acceso a Porcillán e a entrada á dársena pesqueira de 525 metros de lonxitude por 100 metros de anchura. Dita dragaxe executarase por medios mecánicos marítimos, utilizándose a succión como método inicialmente máis adecuado

Para evitar a segregación ou invasión dos materiais fora das zonas contempladas de ubicación da dragaxe se instalarán barreiras antiturbidez sobre columnas de contención con os correspondentes equipos de fondeo. Esta protección colocarase para no perxudicar o trasego, navegación e atraque dos barcos e manter en todo momento a actividade.

Exit mobile version