Site icon Crónica3.com A Mariña

Portos de Galicia licita a reprodución dunha goleta de carga tipo San Cibrao

SANTIAGO .- Portos de Galicia anuncia a licitación para a costrucción da reprodución dunha goleta de carga so século XIX que se construirá na Mariña. Terá 24 metros de eslora no casco e manga de 6,50 metros, cunha superficie vélica máxima duns 430 metros cadrados, irá provista dun motor auxiliar e una embarcación de madeira de cinco metros de eslora a vela e remo. A tripulación estará formada por sete persoas, 4 pasaxeiros e 16 alumnos. O orzamento base de licitación é duns 1,6 millóns de euros, e un prazo de execución de 36 meses.

Nota de Prensa

A Consellería do Mar e Portos de Galicia apostan polo seu compromiso coa carpintería de ribeira e co riquísimo patrimonio cultural marítimo de Galicia dirixindo esta novedosa iniciativa

PORTOS ANUNCIA A LICITACIÓN DA FABRICACIÓN DA REPRODUCIÓN DUNHA GOLETA DE CARGA SO SÉCULO XIX QUE SE CONSTRUIRÁ NA MARIÑA LUCENSE

A fabricación desta goleta producirá un efecto xenerador de emprego a través da súa construción nun asteleiro galego, promoverá unha actividade que está en fase de extinción asegurando traballo a estes artesáns do mar

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2010.- Tal e como anunciara o ente público Portos de Galicia construirá unha embarcación tipo goleta de dous mastros que será construída na mariña lucense. O Diario Oficial de Galicia anuncia hoxe a licitación, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio para a subministración con fabricación dunha goleta de carga tipo San Cibrao, como buque escola, e colaboración para estudos científicos do mar.

A Consellería do Mar e Portos de Galicia apostan polo seu compromiso coa carpintería de ribeira e co riquísimo patrimonio cultural marítimo de Galicia, dirixindo unha iniciativa como é a construción desta embarcación.

A fabricación desta goleta producirá un efecto xenerador de emprego a través da súa construción nun asteleiro galego, promoverá unha actividade que está en fase de extinción asegurando traballo a estes artesáns do mar, actuará como unha media anticrese e o mesmo tempo será un compromiso coa riqueza cultural de Galicia, preservando a cultura mariñeira da vila e da comarca da mariña lucense. En definitiva, este investimento produtivo conxugará ao mesmo tempo a difusión do patrimonio cultural propio e a creación de postos de traballo, estimulando así unha demanda solvente e sostible.

Con esta iniciativa Portos de Galicia comeza un interesante programa de apoio á carpintería de ribeira, xa anunciado en sede parlamentaria, consistente na construción dunha goleta de dous mastros, como a que facía a ruta desde San Ciprian ata A Coruña. A construción desta nave suporá uns dous anos de traballo artesanal. Así mesmo, promoverá a divulgación da cultura náutica e patrimonio marítimo entre os nenos e maiores, e poderá ser visitada durante todo o proceso de construción nunha instalación adaptada.

Esta embarcación será a primeira en cen anos que será fabricada en Galicia, seguindo os métodos artesanais empregados hai un século. Será unha referencia histórica na construción de embarcacións tradicionais en Galicia. Terá 24 metros de eslora no casco e manga de 6,50 metros, cunha superficie vélica máxima duns 430 metros cadrados, irá provista dun motor auxiliar e una embarcación de madeira de cinco metros de eslora a vela e remo. A tripulación estará formada por sete persoas, 4 pasaxeiros e 16 alumnos. O orzamento base de licitación é duns 1,6 millóns de euros, e un prazo de execución de 36 meses.

Exit mobile version