SANTIAGO .- Portos de Galicia adxudicou por dous millóns de euros o servizo de limpeza nos portos e instalacións portuarias da zona norte co fin da mellorar a calidade das augas e instalacións portuarias, respectando o medioambiente e conseguindo melloras substanciais na limpeza portuaria
Nota de Prensa
O ente público adxudicou por dous millóns de euros o servizo de limpeza nos portos e instalacións portuarias da Zona Norte
PORTOS DE GALICIA AUMENTARÁ A CALIDADE AMBIENTAL DOS PORTOS INCREMENTANDO A LIMPEZA DAS SÚAS AUGAS E INSTALACIÓNS EN TERRA
* Un novo tratamento para os portos que conseguirá a mellora da calidade das augas e instalacións portuarias respectando o medioambiente e conseguindo melloras sustanciais na limpeza portuaria
Santiago, 19 de xullo de 2010.- Portos de Galicia adxudicou por pouco mais de dous millóns de euros o servizo de limpeza nos portos e instalacións portuarias da Zona Norte de Galicia que incluen as instalacións portuarias desde o porto de Ribadeo, na provincia de Lugo, ata o de Redes na da Coruña.
O ente público na súa preocupación polos defectos xurdidos na limpeza dalgúns portos e adxudicou este novo concurso de limpeza que abarca a todos os portos autonómicos. Un novo tratamento para os portos de Galicia que de seguro conseguirá a mellora da calidade das augas e instalacións portuarias respectando o medioambiente e conseguindo melloras sustanciais na limpeza portuaria da que se verán beneficiados os usuarios, operadores portuarios e cidadáns.
En moitos casos a intensa actividade pesqueira que se produce nos nosos portos, pode deixar nalgún caso aillado restos de dito traballo. A gran cantidade de instalacións portuarias do litoral galego fan que, as veces, poidan producirse algún tipo de incidentes nos portos que a partires de agora quedarán solucionados coa mellora da limpeza das súas augas e instalacións en terra coa adxudicación deste novo concurso.
Con este novo concurso, novedoso nalgúns aspectos, se mellorarán as fachadas portuarias con servizos que comprenden as actividades de limpeza xeral de todos os portos e pequenas instalacións portuarias, a recollida de residuos e dos subprodutos da pesca e o seu transporte a plantas de tratamento debidamente autorizadas de acordo coa lexislación medioambiental vixente en cada momento.
En canto ás augas interiores Portos de Galicia levará a cabo a limpeza da lámina de auga dos portos. A desratización das zonas portuarias, limpeza de sumidoiros, arquetas rexistro e cunetas son outros elementos que se teñen en conta.
Tamén se fará a limpeza das oficinas, dependencias portuarias, básculas, Postos de Inspección Fronteiriza, casetas de vixilancia do código P.B.I.P. e casetas de estiba pertencentes a Portos de Galicia, así como dos canalóns de recollida de augas pluviais dos edificios portuarios e o vaciado e recollida das papeleiras instaladas nas zonas portuarias.