FOZ .- O ceramista Alfonso Otero Regal donou un mural ao pobo de Foz e leva a exposición “Gernika, guerra e paz” da Galería Regal Xunqueira ao Centro de Interpretación da Mariña.
NOTA DE PRENSA
CENTRO DE INTERPRETACION DA MARIÑA (CENIMA),
COMPLEXO CULTURAL REGALXUNQUEIRA
Ten o pracer de invitar a Vde. á inauguración da exposición
O martes 20 de xullo, no Centro de Interpretación da Mariña (CENIMA), ás 20:00 h., o concello de Foz e o seu alcalde, D. José María García Rivera, queren facer unha invitación aberta á presentación oficial do mural donado polo recoñecido ceramista Otero Regal ás xentes de Foz, e á inauguración da exposición “Gernika, guerra e paz”, cedida temporalmente pola Galería Regal-Xunqueira, e que poderá ser visitada nas instalacións do CENIMA ó longo dos vindeiros meses.
PROGRAMA DE ACTOS:
Explicación do mural por parte do autor.
Proxección do audiovisual incluido dentro da exposición “Guernika, guerra e paz”
Otero Regal realizará unha visita guiada da exposición para todos os asistentes á inauguración.