Site icon Crónica3.com A Mariña

Os propietarios de fincas que testen con ríos en Ribadeo deben pedir permiso no concello para limpar

RIBADEO (FNC) .- Os propietarios de fincas ubicadas preto dos ríos poderán proceder á limpeza da madeira acumulada nas súas concas. Para iso deberán solicitar o permiso correspondente na Delegación de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo.

Horacio Cupeiro explicou que “esta mañá mantiven varias conversas tanto con Augas de Galicia como con Conservación da Natureza para intentar habilitar a eses propietarios e que poidan proceder a sacar as árbores, as canas ou a leña que houbese acumulada nos ríos. Será sempre que se pida autorización na Delegación de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo. Aquí lles demandaremos unha serie de datos que nós cursaremos diante de Augas de Galicia e automaticamente contarán con autorización para sacar a madeira”.

O edil nacionalista advirte que “a retirada debe facerse sen meter máquinas dentro dos ríos, pode realizarse empregando un guinche ou cabrestante, pero sen invadir o cauce do río. Os interesados que se acheguen ao Concello e xa lles damos o permiso para que poidan limpar o río e así evitaremos que si volta a chover se produzan situacións como as acontecidas o pasado mes de xuño”.

Exit mobile version