CERVO .- O Concello de Cervo está acometendo obras de mellora no núcleo de poboación de Viladesuso, no entorno próximo á fonte deste burgo.
Segundo indicou o rexedor local, Alfonso Villares, as obras teñen un orzamento en torno aos 6.000 euros e con elas pretendese mellorar a condución das augas de choiva nesta zona e deste xeito minimizar os efectos que se poidan producir diante dunha hipotética repetición dun fenómeno meteorolóxico como o sufrido hai unhas semanas no concello. “Ademais, as obras tamén contribuirán a dar un mellor servizo das infraestruturas municipais para os habitantes deste núcleo de poboación” sinalou o alcalde.