Site icon Crónica3.com A Mariña

O voceiro do Mar do PP no Parlamento solidarízase cos armadores de Burela polo sinistro nas lonxa

NOTA DE PRENSA

O Secretario do Parlamento de Galicia e tamén voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular contactou co Presidente e co Xerente de ABSA para facerlles partícipes da súa disposición persoal e colaboración “cunha das principais empresas pesqueiras galegas”

BALSEIRO AMOSA A SÚA SOLIDARIDADE E TOTAL APOIO Á ASOCIACIÓN DE ARMADORES E PESCADORES DE BURELA TRAS O SINISTRO ACONTECIDO ESTA MAÑÁ

* Durante a mañá interesouse sobre a evolución do incendio e sobre o operativo para controlar o lume e supervisará os traballos de reparación unha vez avaliados os danos.

Santiago, 22 de xullo de 2010.- O Secretario da Mesa do Parlamento de Galicia e tamén voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol quixo amosar a súa solidariedade e total apoio á asociación de armadores e pescadores de Burela tras o sinistro acontecido esta mañá despois dun aparatoso incendio que afectou ás instalacións que esta organización ten no peirao lucense.

Balseiro que por razóns de axenda se atopa fóra da Mariña lucense contactou telefónicamente co Presidente e co Xerente de Armadores de Burela (ABSA) para facerlles partícipes da súa disposición persoal e total colaboración coa que sen dúbida é unha das principais empresas pesqueiras galegas. Durante a mañá interesouse tamén pola evolución do incendio e sobre o funcionamento do operativo desenvolto para controlar o lume e no que participaron efectivos dos Grupos de Intervención Rápida coordinados pola Axencia Galega de Emerxencias así como os medios marítimos dispostos por Portos de Galicia.

O Secretario da Mesa do Parlamento tamén comprometeuse a facer un seguimento e supervisión dos traballos de reparación que poidan ser necesarios nas instalacións incendiadas, unha vez avaliados os danos.

Exit mobile version