Site icon Crónica3.com A Mariña

O voceiro do Mar do PP e o presidente de Portos de Galicia reuníronse

NOTA DE PRENSA
O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular mantivo unha xuntanza con Jose Manuel Álvarez Campana

BALSEIRO INTERÉSASE ANTE O PRESIDENTE DE PORTOS DE GALICIA POR DISTINTAS ACTUACIÓNS DE RELEVANCIA QUE SE ESTÁN A DESENVOLVER NA NOSA COMARCA

* Salientou o importante potencial turístico, cultural e en materia de emprego que implica a construción da goleta en San Ciprián, así como outra  serie de melloras neste porto.

* Agradeceu “especial sensibilidade” que manifesta a Consellería do Mar e o ente público autonómico coa comarca onde achega importantes investimentos moi demandados nas distintas localidades pesqueiras.

A Mariña lucense, 24 de xullo de 2010.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, mantivo unha xuntanza co Presidente de Portos de Galicia, Jose Manuel Álvarez Campana na que se interesou por distintas actuacións de relevancia que se están a desenvolver na nosa comarca. Abordaron desde os investimentos previstos en apoio do peirao de Mirasol, ata distintas actuacións nos peiraos de Burela, Celeiro, O Vicedo, Xove e Foz sen esquecer unha análise moi especial tras o acontecido co incendio de parte das instalacións da lonxa de Armadores de Burela S.A. e a consecuente xestión dos residuos que alí se xeraron.

Balseiro Orol quixo agradecer o que cualificou como “especial sensibilidade” que manifesta o ente público autonómico e a Consellería do Mar coa comarca mariñá onde non so se teñen executado e comprometido importantes actuacións, senón que tamén se están a executar pequenas actuacións que son moi demandadas polas xentes do mar das distintas localidades pesqueiras e que ata o momento non foron atendidas.

O voceiro popular fixo unha mención especial á construción da réplica dunha Goleta, encargada por Portos de Galicia, e que se desenvolverá na  localidade de San Ciprián. Balseiro indicou que a través desta actuación ademais de contribuír a consolidar os postos de traballo vinculados á carpintería de ribeira, se vai a crear un polo de atracción turística. Nesta liña explicou que a intención de Portos e que os traballos de construción desta embarcación se executen na explanada do peirao desta localidade cervense, habilitando polo tanto un espazo que será visitable en todo momento. Aqueles turistas e veciños que se acheguen para observar estes excepcionais e artesanais traballos poderán tamén visitar o resto do pobo e gozar das súas praias, restaurantes e establecementos hostaleiros.

GOLETA LICITADA RECENTEMENTE

Balseiro tamén indicou que a costrución da reprodución dunha goleta de carga so século XIX xa está licitado, cun orzamento base de licitación é duns 1,6 millóns de euros, e un prazo de execución de 36 meses. Constituirá ademais un referente dentro da náutica-tradicional en Galicia –Portos tan só construe dous embarcacións en toda Galicia-. En definitiva se trata de “xerar riqueza, grazas á cultura do mar, e facelo na Mariña lucense, en San Ciprián”-concluíu.

PORTO DEPORTIVO

Jose Manuel Balseiro Orol, quen tamén é concelleiro do Grupo de Goberno municipal de Cervo, non puido deixar de significar outras actuacións que Portos de Galicia está a executar ou executará nesta localidade. Nesa liña indicou que na súa xuntanza con Álvarez Campana, este lle confirmou que xa se teñen encargado os estudos previos para a creación dun porto deportivo e para embarcacións recreativas e tradicionais en San Ciprián. Se espera que os devanditos estudos estean finalizados antes de rematar o  ano, mais xa adianta que as perspectivas son moi positivas polo que, con total probabilidade, poderá consignarse unha partida orzamentaria para levar adiante esta nova dotación nos orzamentos de 2011.

NOVOS LOCAIS NO PEIRAO

Finalmente, Balseiro explicou que Álvarez Campana tamén lle deu conta da finalización das obras nos novos locais portuarios que o  ente público puxo a disposición do Club Náutico e da asociación Mar de San Ciprián. Tanto a súa habilitación como os traballos de acondicionamento xa remataron polo que é previsible que sexan ocupados en breve. Balseiro non quixo deixar de salientar finalmente que foi o organismo que dirixe Álvarez Campana quen fixo realidade “unha vella reivindicación dos homes e mulleres do mar deste pobo”, grazas á dotación dunha marquesina ao carón da antiga lonxa.

Exit mobile version