Site icon Crónica3.com A Mariña

O Seminario de Jazz e música moderna que organiza o concello de Burela ábrese cun concerto

BURELA (FNC) .- O domingo 18 de xullo da comezo a terceira edición do Seminario de Jazz e Música Moderna que organiza o Concello. Será cun concerto que terá lugar ás 20 horas no auditorio municipal.

A concelleira de Educación, Lucía Bouza, sinalou que “o concerto servirá para inaugurar o curso. Será moi interesante polo tipo de música que se poderá escoitar e que nos ofrecerá Studio Escola de Santiago que van ter como teloneiros a Burela Blues Band. A entrada é gratuita”.

A edil socialista engadiu que “todos os días do seminario de luns a venres haberá concertos. O 19, o 20, o 21 e o 22 de xullo serán ás dez da noite no café Attrezo e o 23 de xullo será o concerto de clausura ás oito da tarde no auditorio municipal. Todos correrán a cargo de alumnos e de diferentes grupos como: Burela Blues Banda, Combo Profes, S.E.M.B. Band, Marcos Pin Trío e Marosa Jazz Project”.

Bouza convida “a todo o mundo a acudir a estas citas musicais que cada no se presentan máis interesantes e máis animadas”. No III Seminario de Jazz e Música Moderna hai matriculados medio centro de alumnos.

Exit mobile version