“Cando España é a inspiración” é o título do programa que a agrupación de cámara Iulius XIII ofrecerá en Ribadeo. Ao longo dos séculos, España espertou en artistas e compositores europeos a máis variada inpiración, e neste programa faise un variado repaso á música que durante a segunda metade do século XIX e primeira do XX excribiron autores das máis variadas procedencias baseándose na idea sonora que eles percibían da realidade musical española. Así inclúense obras dun pianista checo-austríaco de orixe xudea (Alfred Grünfeld), dos franceses Georges Bizet e Maurice Ravel, do polaco Moritz Moszkowski e do xeroxiano Vazha Azarashvili.
O concerto estará protagonizado polo Ensamble Iulius XIII, unha agrupación de cámara aberta, variable na cantidade dos seus membros en función a interpretar, nada hai catro anos por iniciativa do clarinetista Alfredo Gómez e a pianista Liudmila Shevyakova. Acompañarán aos dous fundadores do grupo neste concerto a frautista Carmen Ferreiro e o acordeonista Vadzim Yukhnevich.
Como en todos os concertos do Festival Via Stellae nas diferentes localidades dos Camiños de Santiago a entrada é libre ata completar o aforo do local.
Festival Via Stellae
V Festival de Compostela e os seus Camiños
Organizan:
S.A. de Xestión do Plan Xacobeo (Consellería de Cultura e Turismo)
Concello de Ribadeo
sábado 24 xullo
RIBADEO
Auditorio Municipal
21:00
ENSAMBLE IULIUS XIII
CARMEN Mª FERREIRO SOTO frauta (artista invitada)
ALFREDO GÓMEZ SIEIRO clarinete
VADZIM YUKHNEVICH acordeón
LIUDMILA SHEVYAKOVA piano
Cando España é a inspiración
obras de Gründfel, Ravel, Moszkowski, Bizet/Webster, Azarashvili
Catro edicións de grande éxito, cun entusiasta recoñecemento da prensa especializada e o respaldo do público, preceden esta quinta edición do Festival Via Stellae, a deste especial ano Xacobeo 2010. O centro do festival é de novo Santiago de Compostela como meta do Camiño, pero o Via Stellae aumenta as súas actividades por máis de cincoenta vilas e cidades galegas situadas nas dez rutas de peregrinación que conducen a Compostela (incluindo este ano como novidade o Camiño Portugués pola costa e o Camiño de Inverno). Recoñecido como unha referencia a nivel nacional e mesmo europeo, unha das cualidades máis sobranceiras do Via Stellae é a categoría dos intérpretes que enchen o seu atrainte cartel de 125 concertos.