NOTA DE PRENSA:
Grupo Municipal PSdeG – Psoe de O Valadouro
O grupo municipal do PSdeG quere facer público a súa
preocupación po la lamentable situación que se atopa os lugares de
interese turístico do noso concello, logo dunha campaña
institucional promovida po la concelleira delegada do turismo Dña.
Mª Jose Fernández, onde se gastaron perto de 7.000€ en publicar
folletos informativos, proxecions e degustacións de pinchos e viño
na praza de Santa María. Hoxe ningún dos lugares publicitados esta
visitable polo desidia e ineficacia do equipo de goberno, nalgúns
casos rozando o esperpento coma o Pozo da Onza, que según reza
o cartel alí colocado esta “cerrado por derribo”. Se cabe mas
lamentable e a situación na la Vila de Ferreira. Coincidindo cos
meses onde mais xente nos visita e cando menos se preocupan po
adecentar a mesma basten como exemplos, o río cheo de maleza e
porcalladas de todo tipo, as beiraruas sen limpar, os contenedores
do lixo sen lavar dende no se sabe, o cal lles foi desprender un
cheiro insoportable.
Vehículos abandonados nas vías públicas, obras sin rematar,
a praza de triana que parece unha escombrera, en fin cando mais
*tiñamos que preocuparnos do ornato da Vila mais nos
preocupamos de outros menestreis instrascendentes. Pedímoslle
desculpas a todas as persoas que nos visitan nestas datas, e
comprometémonos a que si os veciños nos encargan o goberno na
seguinte lexislatura isto non vai volver a suceder.