Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE cualifica de “gamberrada institucional” a actuación de Portos de Galicia no porto deportivo de Viveiro

Nota de Prensa

REGO CUALIFICA A ACTUACIÓN DE PORTOS DE GALICIA NO PORTO DE VIVEIRO COMO DE “GAMBERRADA INSTITUCIONAL”

– O deputado do PSdeG-PSOE Ismael Rego asegura que esta actuación “so se pode esconder unha actuación baseada no intereses partidario e persoais dalgúns persoeiros do PP na zona,  e contraria a defensa dos intereses dos usuarios do Porto, os cidadáns de Viveiro e da Comarca en xeral”

– Afirma que non hai precedentes de que unha administración publica suspenda unha concesión que funciona con normalidade sen establecer ningunha conversa cos titulares da xestión da mesma

– Denuncia o bloqueo por parte do Goberno de Feijoo a un investimento de 4 millóns de euros, por parte do Goberno Central ao 100% no proxecto de rexeneración da marxe da ría de Viveiro

Santiago , 8 de xullo de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Ismael Rego cualificou a actuación de Porros de Galicia no Porto deportivo de Viveiro como de “gamberrada institucional”. Anunciou que presentou unha iniciativa na Cámara Autonómica na que reclama explicacións sobre este asunto.

Asegura que esta actuación “so se pode esconder unha actuación baseada no intereses partidario e persoais dalgúns persoeiros do PP na zona, e contraria a defensa dos intereses dos usuarios do Porto, os cidadáns de Viveiro e da Comarca en xeral”, espetou.

O deputado socialista afirma que non hai precedentes de que unha administración publica suspenda unha concesión que funciona con normalidade sen establecer ningunha conversa cos titulares da xestión da mesma, como é o caso do Goberno municipal de Viveiro. E explica que se realiza esta actuación “mesmo sen resolver definitivamente o expediente sobre a concesión se resolva a suspensión da mesma, e contratando unha empresa privada para xestionar”.

Lamenta que o Presidente de Portos de Galicia se preste a estas operacións que nada teñen que ver co normal funcionamento e relación entre institucións , e que contribúen ao seu deterioro e son gravemente lesivas para o interese xeral da cidadanía.

Advirte que esta situación ven a sumarse ao bloqueo por parte do Goberno de Feijoo a un investimento de 4 millóns de euros, por parte do Goberno Central ao 100% no proxecto de rexeneración da marxe da ría de Viveiro entre a ponte da Misericordia e o Porto Deportivo. Rego sinala que esta actuación conlevaria a recuperación dun importante espacio publico para adicarse a servicios e equipamentos de Viveiro, e despexaría tódolos obstáculos que supón os galpóns alí radicados para apertura da fachada marítima de Viveiro ao mar. Por último pregúntalle ao PP porque pretende privar aos viveirenses deste investimento.

Exit mobile version