Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que se dotará Foz dun médico de reforzo para o verán

NOTA DE PRENSA:
Matiza as informacións efectuadas pola plataforma sanitaria local

BALSEIRO CONFIRMA A DOTACIÓN DUN MÉDICO DE REFORZO DURANTE A ÉPOCA ESTIVAL NO CENTRO DE SAÚDE DE FOZ

* O doutor Manuel Moreno atenderá preferentemente aos turistas (doentes con cartilla de “desprazados”) para evitar o colapso do centro durante o verán no que a afluencia de turistas duplica a poboación.

Santiago, 2 de xullo de 2010.- O deputado popular Jose Manuel Balseiro Orol vén de matizar as declaracións efectuadas nos pasados días pola platafroma en defensa da sanidade pública de Foz ao respecto do reforzo da asistencia sanitaria no centro de saúde desta localidade.

Balseiro explica que desde o Partido Popular non poden coincidir coas reflexións efectuadas pola plataforma xa que non son correctas. De feito, o deputado popular adianta que a Consellería de Sanidade procedeu a dotar ao centro de saúde desta localidade dun médico de reforzo que prestará os seus servizos aos doentes con cartilla de “desprazados” (ás persoas que non están adscritas a ningún médico de familia neste centro de saúde, fundamentalmente turistas).

Balseiro incluso, para máis información, indica que este doutor de reforzo disposto pola Xunta no centro de saúde de Foz é o Sr. Manuel Moreno e prestará os seus servizos este verán.

O deputado popular insiste en que tanto o anuncio efectuado no día de onte sobre a dotación da ambulancia medicalizada seis meses antes do previsto, como a adscrición deste médico de reforzo no centro de saúde en plena época estival (onde a afluencia dun gran número de turistas, multiplica a poboación, e tamén a carga de traballo dos servizos médicos locais) dan boa mostra do compromiso do novo Goberno de Galicia, o do Partido Popular, coa mellora do sistema público de saúde en Foz e no conxunto da comarca.

Exit mobile version