Nota de Prensa
Para a deputada popular “e lícito que se constitúan cantas plataformas se consideren necesarias para garantir os servizos públicos pero o que non poden facer é manipular, alarmar e confundir á sociedade co único fin de buscar o desgaste do actual goberno da Xunta de Galicia”
O PPDEG DEFENDE O RIGOR, A EFICACIA E A AUSTERIDADE NA MODIFICACIÓN DA OFERTA FORMATIVA NA MARIÑA LUCENSE
* Para Emma Álvarez a primeira reivindicación da Plataforma en defensa do ensino público da Mariña xa caeu polo seu propio peso xa que “o sindicato promotor debería saber que existe un prazo de matrícula en setembro e onde non hai problema de prazas, como está a suceder, a matrícula está aberta permanentemente”
* Na Mariña Central quedará a ensinanza secundaria para adultos presencial no IES de Burela e semipresencial en Foz, neste centro cunha asistencia de tan só 2 alumnos, e no bacharelato pasa a ser semipresencial no IES de Monte Castelo en Ciencias da natureza e saúde e en Humanidades, cunha asistencia de 5 alumnos en cada unha delas e tamén semipresencial no IES de Foz en Humanidades con 4 alumnos
* Na Mariña Oriental no IES Mª Sarmiento de Viveiro mantense toda a oferta de secundaria e bacharelato para adultos e na Mariña Occidental no IES Dionisio Gamallo Fierro mantense a ensinanza secundaria presencial e os bacharelatos de Ciencias e Humanidades pasan a ser semipresenciais, nos dous casos cunha asistencia real de 4 alumnos, aínda que o alcalde de Ribadeo indicou que os matriculados eran 18, en realidade foron 18 en Ciencias e 14 en Humanidades
* Nos ciclos formativos tan só haberá reestruturación no centro de Foz e os ciclos de Comercio e Restauración “quedan vivos ata setembro en función dos alumnos matriculados”
Ribadeo , 9 de xullo de 2010.- Os deputados populares Emma Álvarez Chao e José Manuel Balseiro indicaron hoxe en rolda de prensa que o PPdeG defende o rigor, a eficacia e a austeridade na modificación da oferta formativa na Mariña lucense. Para Álvarez Chao “é lícito que se constitúan cantas plataformas se consideren necesarias para garantir os servizos públicos pero o que non poden facer é manipular, alarmar e confundir á sociedade co único fin de buscar o desgaste do actual goberno da Xunta de Galicia”.
A deputada popular indicou que a primeira reivindicación da Plataforma en defensa do ensino público da Mariña, referida a ampliación do prazo de matrícula para os ciclos formativos ata o mes de setembro, “xa caeu polo seu propio peso xa que o sindicato promotor debería saber que existe un prazo de matrícula en setembro e onde non hai problema de prazas, como está a suceder, a matrícula está aberta permanentemente”.
Segundo Emma Álvarez ao respecto da rede de centros de educación das persoas adultas esta se creou, cun goberno do PP, fai mais de dez anos e a día de hoxe se conserva exactamente igual ou con mínimas variacións “polo que tendo en conta a tendencia a baixa no número de matriculacións dende o ano 2001 e a tendencia de alumnos presenciais pareceríanos que a reorganización era unha necesidade”. Nos centros nos que se ofertan ensinanza presencial para adultos se suprimirán as ensinanzas básicas para adultos de N1 e N2 xa que, segundo o informe sobre a rede de centros de educación de adultos, no presente curso houbo 14 alumnos matriculados no N1 e ningún no N2 , sendo o número de asistentes a clase sómente 4, é dicir, dos alumnos matriculados só o 28% está comprometido coa súa educación.
A deputada popular señalou que aínda que a Plataforma reivindica manter as ofertas formativas para un mínimo de 6 alumnos se manteñen en modalidades semipresenciales con cifras inferiores. Así na Mariña Central quedará a ensinanza secundaria presencial no IES de Burela e semipresencial en Foz, centros cunha asistencia neste último de tan só 2 alumnos, e no bacharelato pasa a ser semipresencial no IES de Monte Castelo en Ciencias da natureza e saúde e en Humanidades, cunha asistencia de 5 alumnos en cada unha delas, e tamén semipresencial no IES de Foz en Humanidades con 4 alumnos.
Ao respecto da Mariña Oriental, Emma Álvarez indicou que no IES Mª Sarmiento de Viveiro mantense toda a oferta de secundaria e bacherelato para adultos e na Mariña Occidental no IES Dionisio Gamallo Fierro mantense a ensinanza secundaria presencial e os bacharelatos de Ciencias e Humanidades pasan a ser semipresenciais, nos dous casos cunha asistencia real de 4 alumnos, aínda que o alcalde de Ribadeo indicou que os matriculados eran 18, a realidade é que foron 18 en Ciencias e 14 en Humanidades. “Alumnos reais foron 4, unha vez máis cifras por debaixo dos 6 que esixe a plataforma.
A deputado popular indicou que nos ciclos formativos tan só hai unha decisión tomada en firme que é a de suprimir o ciclo de informática, cunha media de 6 alumnos matriculados nos últimos 4 anos. Ao respecto do ciclo medio de comercio, con 4 alumnos matriculados neste curso, se mantén vivo ata setembro a espera que se alcance un número mínimo para poder mantelo.
No ciclo superior de restauración, segundo comentou Emma Álvarez, había 6 alumnos matriculados o curso pasado dos que só 3 asistiron a clase e só 1 promocionou a 2º, un único alumno do segundo ano houbo tamén este curso 2010-2011. Dentro desta familia de hostalería e turismo tamén queda vivo ata setembro o ciclo medio para adultos de cociña e gastronomía con 4 alumnos.
Para a deputada popular “debemos deixar ben claro que non se trata de ensinanza obrigatoria, que na actualidade hai 22 familias profesionais cuns 140 títulos formativos e que non se pode ter toda a oferta en tódolos centros, nin tan sequera en toda a comarca, para iso, existen becas para os alumnos co fin de sufragar os custos derivados do desprazamento”.
Segundo Alvarez, “sería unha grave irresponsabilidade do goberno continuar coa oferta formativa actual, tanto en adultos como en Formación Profesional. A decisión rigurosa e austera tomada polo goberno da Xunta é a que de seguro esperaban tódo-los cidadáns conforme a época de crise que nos toca vivir”
Emma Álvarez Chao fixo estas declaracións “para esclarecer a demagoxia que se está a verter en materia de ensino sobre a Mariña para o que solicitei reunirme co Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educación a fin de coñecer de primeira man a situación actual da oferta e podo asegurar que se está actuando con rigor na modificación da oferta formativa na nosa comarca”.