Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo di que MariñaPatrimonio non está lexitimada para dar leccións de protección do patrimonio

NOTA DE PRENSA:
Tivo que chegar o Partido Popular á responsabilidade de Goberno na Xunta para que de dictase unha resolución aconsellando a convervación in situ e posta en valor dos achádegos arqueolóxicos de Punta Atalaia
O PP de Cervo agarda pola dimisión do Presidente de MariñaPatrimonio e lembra que namentres esta organización non está lexitimada para dar leccións en materia de protección do patrimonio

* Adiantan a máxima disposición para colaborar coa Xunta na protección do castro.

Cervo, 26 de xullo de 2010.- O Partido Popular de Cervo agarda polo anuncio de dimisión u cese do presidente do colectivo nacionalista MariñaPatrimonio, Franciso Luis Rodríguez Guerreiro namentres, segundo entenden, esta organización non está lexitimada para dar leccións no ámbito de protección do patrimonio. De feito, os populares insisten en que si a alguén se lle coñece na Mariña por atentar contra o patrimonio, segundo recoñecen os feitos probados en sentencias xudiciais, é ao Goberno municipal de Viveiro cando este señor formaba parte del.

Os populares cervenses manteñen que fixo falta que o Partido Popular accedera á responsabilidade de Goberno na Xunta para que se dictase a primeira resolución aconsellando a conservación in situ e posta en valor dos achádegos arqueolóxicos de Punta Atalaia. Neste senso insisten nos seus argumentos: “Como nos van a dar lección estes de algo que non foron capaces de facer cando tiveron responsabilidade de Goberno, pois precisamente o BNG –organización vinculada aos membros de MariñaPatrimonio- xestionaba a Consellería de Cultura e daquela non foron quen de adoptar unha resolución destas características”

Ante os sucesivos ataques que están a recibir desde este colectivo nacionalista os populares manteñen que o Goberno municipal amosou a súa máxima disposición e colaboración coa Dirección Xeral de Patrimonio Cultural quen, nas pasadas datas, resolveu protexer e conservar o castro e lamentaron que unha decisión destas características non se tivera adoptado antes.

Exit mobile version