Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Cervo asegura que o TSXG traslada á Fiscalía a licenza outorgada cun informe en contra por afectar á igrexa de Covas

Nota de Prensa

“O TSXG acordou trasladar á Fiscalía a licenza sobre 200 vivendas outorgada cun informe de Patrimonio na súa contra por afectar á Igrexa de Covas”
O PP DE CERVO DI QUE FRANSICO LUIS RODRÍGUEZ GUERREIRO  É A PERSOA MENOS LEXITIMADA PARA DAR LECCIÓNS EN MATERIA DE PROTECCIÓN DO PATRIMONIO

* Sobre o ex-edil nacionalista de Viveiro recae imputacións xudiciais penais por ter outorgado licenzas de construcción de vivendas  cos informes negativos  da dirección xeral de Patrimonio (Consellería de Cultura) e da Comisión Territorial de Patrimonio de Lugo.

Cervo, 14 de xullo de 2009.- Os populares cervenses acusan ao presidente da asociación MariñaPatrimonio, o ex edil do BNG de Viveiro Francisco Luís Rodríguez Guerreiro, de ser a persoa menos  lexitimada para dar ningún tipo de leccións en materia de protección do patrimonio histórico cultural. Neste senso, os populares quixeron lembrar que sobre esta persoa recae unha imputación xudicial de índole penal precisamente polo outorgamento de licenzas de construcción de edificios con informes en contra dos técnicos municipais e contravindo incluso o parecer dos órganos autonómicos encargados da protección e preservación do patrimonio histórico e cultural.

O nacionalista Francisco Luís Rodríguez Guerreiro, cando formaba parte da Xunta do Goberno municipal de Viveiro, autorizou o outorgamento de licenzas de construción de novos edificios que carecían dos informes preceptivos da Consellería de Cultura e, incluso, o que aínda é máis grave, en contra de informes negativos da Dirección Xeral de Patrimonio e da Comisión Territorial de Patrimonio  na súa contra.

“Por estas circunstancias, resulta moi discutible e ata ridículo, que a persoa cuxo comportamento está a ser obxecto de investigación por parte da Xustiza, por canto pode ter incorrido en prácticas que o definirían como un agresor ao patrimonio histórico e cultural, veña agora dando leccións, consellos e acusando aos demais destas prácticas”-expoñen desde o PP

Os populares veñen a recordar que, tal e como se coñeceu nos pasados días, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia na sentencia na que ratifica a anulación da licenza para a construción de 200 vivendas no lugar de Coído (Covas) acordou remitir á Fiscalía os feitos por si puideran ser constitutivo de delicto penal. As obras amparadas pola licenza afectarían á Igrexa de Covas.

Exit mobile version