Nota de Prensa
O Partido Popular de Burela califica de moi positivos os compromisos adquiridos onte polo presidente do Portos de Galicia
O PP de Burela califica de moi positivos para o municipio os compromisos adquiridos onte por José Manuel Alvarez-Campana para o porto durante o encontro que mantivo coa cofradía de pescadores e a empresa ABSA derivados, segundo salienta o voceiro local dos populares José María González Barcia, de que é moi consciente da importante transcendencia que ten a instalación para economía da zona.
Alvarez-Campana, que aceptou visitar Burela a invitación do confradía e ABSA como continuación dos encontros mantidos con anterioridade en Santiago, comprometeuse a facer as xestións pertinentes para que este ano remanten os estudios para a prolongación do martelo de protección que separa a zona pesqueira da comercial e o da reordenación da dársena interior. De tal xeito que o vindeiro ano poidan licitarse e adxudicarse as obras.
O voceiro popular, que tamén participou no encontro, xunto con outros cargos políticos como os concelleiros bureleses e o deputado José Manuel Balseiro, entre outros, tamén valorou positivamente o anuncio de que á volta do verán comenzarán as obras de remodelación do acceso interior do porto que vai dende a lonxa ata a sede da Cruz Vermella e que contará cun orzamento de máis de 600.000 euros.
Barcia indicou que o PP de Burela está firmemente comprometido co desenvolvemento do municipio e que, nesa liña de traballo, colabora e axuda, na medida das súas posibilidades, e fai as xestións que considera máis convintes para acadar ese obxectivo, ante a pasividade doutros grupos políticos.